mércores, 2 de decembro de 2020

Nagorno Karabakh. Drons intelixentes contra fusís

          

Stephen Hawking dixo que "Se as máquinas producen todo o que necesitamos, o resultado dependerá de como se distribúan as cousas. Todos podemos gozar dunha vida de luxo ocioso se a riqueza producida polas máquinas é compartida ou a maioría da xente pode acabar miserablemente. pobres se os propietarios das máquinas presionan con éxito contra a redistribución da riqueza. Ata agora, a tendencia parece ser a segunda opción, coa tecnoloxía provocando unha desigualdade crecente ".(1) 

E a desigualdade mantense con forza. Forza necesaria para poder "presionar con éxito" contra a maioría. Forza que poden dar, xustamente, as máquinas.

Vímolo varias veces nos últimos tempos, e concretamente na última guerra (ata o de agora, sempre que a do Sáhara non vaia a maiores) a de Nagorno Karabakh entre azerbaijáns e armenios (2). Gañaron os drons. Drons israelís e turcos (non é por casualidade quen están no bando das máquinas de guerra automáticas) contra os fusís armenios. Perderon os armenios, gañou "a guerra inhumana en todos os sentidos" por suposto. Os drons probáronse e perfeccionáronse con éxito.

Parece que estamos ante un dos dous futuros dos que falaba Stephen Hawking. Que é o noso futuro. E cada vez máis o noso presente. Se non se fai nada ao respecto, o mundo pode iniciar unha carreira desestabilizadora de armas robóticas. Substituír as tropas por máquinas faría máis doada a decisión de ir á guerra e trasladaría o peso do conflito aínda máis contra os civís. As armas totalmente autónomas cometerían erros tráxicos con consecuencias nunca antes vistas que poderían alimentar tensións, como se explica na páxina da campaña internacional "Stop Killer Robots (SKR)". (3)

Como puidemos ver na VIII edición da Conferencia Antimilitar e Memoria Histórica organizada polo Centro de Investigación para a Paz Gernika Gogoratuz (4), España forma parte da lista de estados que se opoñen á prohibición deste tipo de armas. Esta mesma posición é compartida por unha ducia de países máis, incluídos Estados Unidos, Rusia e o Reino Unido.

Por iso, por Armenia. polos pobos asoballados, polos perdedores actuais da historia, por nós, é fundamental a prohibición destas armas.

(1) http://www.redrentabasica.org/rb/stephen-hawking-sobre-el-futuro-del-capitalismo-la-desigualdad-y-la-renta-basica-2/

(2) https://www.efe.com/efe/america/destacada/los-drones-campearon-en-cielos-de-karabaj/20000065-4364853?

(3) https://www.stopkillerrobots.org/learn/?lang=es#problem

(4) https://www.publico.es/politica/campana-antimilitarista-reclama-universidades-no-colaboren-produccion-robots-asesinos.html


Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...