Hai
crises
que nos urxen e que nos
doen,
a hostalaría, o
turismo, a
semana santa...
Ou
a
peor
e menos visíbel, o aumento da pobreza e da pobreza extrema. Hai
que falar destas
crises
porque delas
temos que saír todas
as
persoas. E
as
partidarias
da Renda Básica Universal
e Incondicional non
somos
alleos a ese problema, son
claros os
posicionamentos dos
Colectivos Cidadáns pola RBUI
como
podemos
ver
no seu
blog (1)
ou no seu
facebook: Cremos
que a
RBUI,
precisamente
por
ser
Universal
e Incondicional,
é un mecanismo especialmente acaido para cumprir
o lema
da ONU: “Non
se pode deixar a ninguén atrás”.
Pero
por moito
que queiramos,
a
“economía”
non
se
pode salvar completamente
se previamente non salvamos a saúde. Entramentres
é necesaria aplicar
unha
Renda
Básica
de Emerxencia
acompañada
de
Axudas
complementarias
a sectores estratéxicos, necesarias
pero
que
van
ser iso, medidas de emerxencia, parches máis ou menos efectivos para
persoas
e sectores
que van quedar máis ou menos tocados mentres
se manteña a
pandemia.
E a
epidemia, a
causa común
das dúas crises, a sanitaria e a económica,
só acabará
con confinamento e sobre
todo con
vacinas ás
que poidamos acceder todas as persoas. Vacinas
que
teñen que ser
Universais
e Incondicionais,
como a Renda Básica.
Para
que tamén sanitariamente ninguén quede atrás
Pero
se a Renda Básica se
pode
implantar, nunha primeira etapa, a nivel estatal, pois
para a súa implantación apenas si se necesita (e
non é pouco)
potestade tributaria,
as vacinas só poderán ser
efectivas se dende o primeiro momento se aplican en
todo o mundo. É
dicir,
a fin da
pandemia de COVID-19 implica vacinas
para todos os países, non
só
para os ricos. Por
se fixese falta podemos velo neste enlace de
“médicos sen fronteiras”,
onde de paso podemos ver algo que
a min me chama a atención,
a
relación de
estados que se opoñen á
supresión das licenzas (2)
Porque
as
vacinas para
todos e todas como solución para rematar totalmente coa pandemia ten
un inimigo moi importante. E non me refiro aos e
ás
negacionistas pois,
malia
ser un problema certo,
eu confío
que
o
sentidiño da maioría de nós fará
innecesaria a declaración de obrigatoriedade da vacinación.
O problema está nos que teñen poder sobre
as vacinas, que
eses
si que dá
a impresión
de que
carecen
de “sentidiño” ou, cando menos, que non o teñen abondo para
permitir que as vacinas sexan efectivas e
rápidas para
cumprir con aquilo para o que
foron creadas, acabar
coa pandemia.
Será que o
poder, especialmente
o económico,
non ten
moito que
ver co sentidiño?
Vexamos.
2.
- A protección das patentes e os ananos a ombros de
xigantes
Dinnos
que as
patentes hai que respectalas, que
son
a remuneración daqueles que fixeron posíbeis as vacinas e
que, senón son
renumeradas
adecuadamente simplemente deixarán de investir e investigar.
As
científicas
xigantes que
traballan para as multinacionais farmacéuticas, esas
persoas
que
conseguiron a vacina en tan pouco tempo merecen todo o noso
recoñecemento e todo o noso cariño e todos os nosos cartos se fixer
falla. Abofé
que si, sen retranca. O esforzo de conseguir a vacina foi
impresionante e quen
a
fixeron posíbel merecen
unha recompensa.
Xa,
pero foron esas
persoas,
as
científicas
das empresas, quen
máis méritos fixeron? Non
é moita casualidade
que sexan tantas as
empresas que o
conseguiron?
E
todas practicamente ao mesmo tempo?
Grandes son, dende logo, pero, non
cabalgarán
a ombros de xigantes? xigantes que moitos e
moitas,
cando non a maioría, mesmo
son persoas
precarizadas?
Porque,
por unha banda, a investigación básica sobre estas vacinas,
incluíndo, por
concretar máis,
as
primeiras baseadas no ARN mensaxeiro, parte de anos de “Investigación
pública básica”. A técnica estaba xa preparada
polo sector público
(3).
E,
a maiores,
non
será que
“A
batalla científica contra o
coronavirus en España lévaa
a cabo persoal
investigador precario
ou
xubilado”
como
nos explican neste artigo? (4)
E
aínda que así fora,
aínda
que fora o
persoal
científico das empresas o que fixera
a inmensa maioría dos méritos, vai
ser
ese
persoal
o remunerado? Non
digo que os seus empresarios non lles paguen ben, seguramente
mellor ca
os/as
precarios/as
das universidades públicas,
pero os que realmente van gañar moito, non serán os
dirixentes das
empresas
(5a)
e
os accionistas?
(5b).
E,
eses, que méritos fixeron? Sin demagoxias, realmente, cales son os
seus
méritos?
Arriscar capital? Atrévese alguén a dicir que arriscaron algo?
Nin
sequera se atreven a facer públicos
os
contratos
feitos
cos Estados e mesmo coa UE na
súa totalidade, aínda
que si podemos saber algo de cantidades, como as que indica nesta
entrevista á Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen
(6a)
(“Investimos
neste processo 2,9 mil milhões de euros — para não falar dos
milhares de milhões de euros que a Europa investe anualmente no
apoio a um ecossistema de investigação que propicia esta
capacidade...”).
Como
di nesta
entrevista o europarlamentario Marc
Botenga (primeiro
eurodiputado en acceder á
consulta “censurada” de un dos seis acordos
de compra anticipada de vacinas
anti-covid-19 por parte da Comisión Europea:
“Pagamos
catro veces o
valor da vacina”.
(6b)
E
xa non se trata só de se teñen máis ou menos dereito a manter a
patente, senón que o mantemento desa patente está impedindo que se
fabriquen vacinas á
velocidade adecuada. É dicir, están provocando mortes (7)
e póndonos en perigo a todos, mesmo aos xa vacinados, pois
a
probabilidade de mutacións máis virulentas persiste mentres se
manteña a enfermidade no
mundo.
Pero
iso non se fixo antes, cando se debateu por
primeira vez
a petición da India e Sudáfrica,
apoiada pola maioría dos países
de rendas medias e baixas e impedida polos
países ricos. (8)
3.-
O dereito humano á vida concretase hoxe no dereito universal
e incondicional a vacina.
Estamos
outra vez na necesidade de exixir
o cumprimento dun
dereito humano, o
dereito á vida que, neste caso, se debe
de concretar
na exixencia de
vacinas que
nos permita
derrotar
a crise sanitaria de
xeito semellante ao que a
Renda Básica nos
permitirá derrotar
a crise económica. Universalidade
e Incondicionalidade, as
mesmas características
que
teñen, ou que
deberían
ter
todos
os dereitos,
por exemplo, o dereito á Vivenda, aos
Servizos sociais,
ao
Sufraxio ou á Saúde e
á
Educación.
Porque
a batalla non está perdida e vaise dar ata que se consiga a
suspensión.
No
momento de escribir estas notas a OMC acaba
de
rexeitar suspender as patentes na súa
reunión do 10 de marzo, desoíndo
a petición do 5 de marzo do
Director da OMS Tedros Adhanom Ghebreyesus, que
a apoiaba
nun artigo en The Guardian (9)
Neste
momento a decisión da OMC está adiada ata o
próximo debate sobre patentes que
está
previsto para xuño (10).
Temos que movernos para conseguir incrementar a produción de
vacinas. Non só polos “países pobres” senón tamén por nós,
como queda dito
E,
como medida de presión e pensando tamén no longo prazo, é
importante premer a un dos bloques económicos
máis opostos á suspensión, a UE. E
neste
caso,
como no caso da Renda Básica, hai unha Iniciativa
Cidadá Europea para
exixir a Comisión Europea unha actuación a prol desta suspensión
das patentes. Unha campaña oficial,
das que valen porque a Comisión e o parlamento europeos
lle teñen que facer caso de acadar o millón
de apoios.
Asinádea,
é importante (11)
1)
https://colectivoscidadansrbu.wordpress.com/
2)
https://www.msf.es/actualidad/espana/fin-la-pandemia-covid-19-implica-vacunas-todos-los-paises-no-solo-los-ricos
3)
Los
pioneros del ARN ya investigan vacunas contra 30 infecciones
diferentes | Ciencia | EL PAÍS (elpais.com)
4)
https://www.eldiario.es/sociedad/futuro-pandemia-manos-precariedad_1_7184307.html?
5a)
https://www.eleconomista.es/sanidad/noticias/10880790/11/20/El-CEO-de-Pfizer-vendio-mas-del-60-de-sus-acciones-el-mismo-dia-en-que-se-revelaron-los-resultados-de-la-vacuna-contra-el-Covid19.html
5b)
Pfizer
prevé ingresar 12.000 millones por su vacuna contra la COVID-19 en
2021 y que la demanda pueda durar años (eldiario.es)
6a)
Juntos
contra o vírus | Opinião | PÚBLICO (publico.pt)
6b)
“Hemos
pagado cuatro veces el valor de la vacuna. Las patentes deben
retirarse, es una pandemia” | ctxt.es
7)
Especular
con la vacuna: un crimen contra la humanidad | ctxt.es
8)
https://www.eldiarioar.com/sociedad/coronavirus/vacunatorio-vip-planeta-diez-paises-concentran-90-dosis-cambiarlo_1_7278834.html
9)
https://www.publico.pt/2021/03/05/mundo/noticia/director-oms-apoia-suspensao-patentes-vacinas-mundo-precisa-estar-pe-guerra-1953280
10)
https://www.eleco.com.ar/mundo/sin-acuerdo-por-la-exencion-de-las-patentes-para-las-vacunas/
11)
https://eci.ec.europa.eu/015/public/#/screen/home/allcountries