sábado, 29 de maio de 2021

Sareb vai ser público.

Teléfono de Sareb
 

 Boas novas. Finalmente, o noso reino (o de aquí) terá (previsiblemente) un banco público.

Claro que vai ser o Sareb (o banco malo). Pero non vamos pagar nada por el. Parece que a partir de xuño xa podemos telo. Sen máis.

Claro que, de balde, o que se di de balde tamén non nos sae. O banco, é ben sabido, serviu de refuxio a todos aqueles "bens imobiliarios" que non valían, nin de brincadeira, o que dicían que valía (neste caso non se chama malo coma aos outros bancos, senón porque "“non ten as calidades que debería ter, que non é de boa calidade” como di a RAGA no seu primeiro significado). Agora ben, a finais de marzo "a oficina estatística Eurostat decidiu incorporar a Sareb ao perímetro das contas do Estado, o que obrigou a sumar 35.000 millóns de débeda pública en 2020 e máis de 10.000 millóns de déficit ”(IMV ten un orzamento anual total de 3.000 millóns).

Ou sexa, volvemos rescatar os mesmos de sempre. Pobriños, canto e con canta frecuencia o precisan. Nós, o resto dos traballadores, vamos a continuar agardando, pero ao final: hai prioridades.

A vantaxe é que, para iso, o goberno terá que alterar unha lei. Unha que prohibía que "en ningún caso a participación pública no conxunto das participacións directas ou indirectas (en sociedades xestoras de activos) pode ser igual ou superior ao 50%" (ver a ligazón anterior) De agora en adiante, si podermos (ou van mudar de novo así que fagamos esta operación?)

Ábrese, tambén, o melón. Que facer con estes "activos" (en 2012, cando se creou, recibiu case 200 mil activos de nove caixas de aforros, dos cales o 80% eran préstamos a promotores e o 20% eran inmobeis)?

Comentario de: Banco malo 


mércores, 26 de maio de 2021

A Inmigración “ilegal”: Un modelo fracasado.

 Sun rays illuminate people. Immigration of people. Blue sky with dark clouds   Ler en es                 Ler en pt.gal

A política europea, e máis en concreto a española, sobre a inmigración “ilegal” é xa un modelo fracasado. Estase tornando cada vez máis evidente.

- Un modelo fracasado porque converteu a Europa en refén de tiranos. Turquía, Libia ou Marrocos mandan na UE, non só coa chantaxe dos cartos,1 que estarían mellor empregados noutra cousa, senón, aínda máis grave, condicionando severamente a nosa política exterior en escenarios tan importantes para nós como o Oriente próximo ou os Países da África en xeral e do Magreb e o hara en particular. Mesmo o ditador Erdoğan (a democracia turca estase tornando cada vez menos “democracia”) permítese ningunear á mantenta á Presidenta da Comisión Europea ou o ditador Mohamed, o do reino de alá (e alá” non hai dúbidas sobre o da ditadura) pode crear unha crise europea porque un día tivo un incidente persoal no estreito2 coa garda civil (como nos conta o ex-ministro Fernández Díaz) ou porque atendemos nun hospital deste reino de acá (o de Felipe) ao presidente da República Árabe Saharui (estado recoñecido pola Unión Africana3 e que forma parte dela).

- Un modelo fracasado porque o seu mantemento estanos “obrigando” a militarizar o control das nosas fronteiras, mesmo co exercito4 ou, a nivel europeo, cun organismo como Frontex5 que é a maior “axencia común” de todos os europeos e que está chea de denuncias6 significando, na práctica, unha militarización inaceptábel da nosa política exterior. (E non sería tan ou máis merecedora de termos a “maior axencia común europea”, por exemplo, a loita contra o cambio climático, por unha sociedade non patriarcal ou rematar coa pobreza?)

- Un modelo fracasado porque se está actuando con extraordinaria firmeza nunhas fronteiras polas que nin mesmo acceden a maioría das persoas inmigrantes, nin sequera desas chamadas “ilegais”, que entran principalmente polos aeroportos. (Como di Procausa7 “A inmigración irregular en España hoxe vén principalmente de América Central e do Sur. Case catro de cada cinco (77%) estranxeiros sen documentos son orixinarios desta rexión e os inmigrantes irregulares representan xa a cuarta parte de todos os residentes procedentes de América Latina” (Nota. Obviamente non analizo neste momento a inmigración latinoamericana, tan só anotar que entendo que ela non debe ser “ilegalizada”). Pola contra, son as fronteiras das persoas que foxen das guerras e da fame que hai en África ou en Oriente Próximo, talvez aquelas que precisan de mais solidariedade, as máis e mellor “impermeabilizadas”.

- Un modelo fracasado porque está propiciando que Europa e este reino de acá admitan como algo normal a existencia de traballo escravo. Enfocando na agricultura, os casos recentes de Odemira8 en Portugal ou de Murcia9e Lleida10 en España son esclarecedores. O mesmo poderíamos dicir da hostalería ou a construción ou o coidado das nosas persoas maiores ou das pequenas (o que merecería unha análise máis detida) que nos amosa como estamos avanzando cara aí, cara o traballo escravo, conformándose un exercito de reserva fortemente desprotexido que contribúe “eficazmente” a empeorar a situación das “nosas” persoas traballadoras precarias.

- Un modelo fracasado porque Europa precisa, xa agora pero principalmente cara ao futuro, ás inmigrantes que están11 Compensando o saldo vexetativo negativo, habitando en áreas rurais baleiras, detendo o envellecemento da forza laboral, encarregándose dos coidados e mantendo as pensións”. Xusto esas mesmas inmigrantes ás que estamos criminalizando (tratándoas mesmo de “ilegais”, algo que as persoas nunca poden ser, obviamente).

- Un modelo fracasado porque esta vía de enfrontar o problema migratorio afasta cada vez máis a Europa dos seus obxectivos fundacionais12, da defensa da Dignidade do ser humano e dos Dereitos humanos, en Europa ou en calquera parte do mundo. A inmigración non é o único factor desta deriva pero si que é un moi importante.

É hora de aproveitar a petulancia do rei de alá (Mohamed) para pór punto final á política que realizamos os súbditos do rei de acá (Felipe) e o resto de Europa. É o momento de ser valentes, abandonar a actual política de raíces neoliberais, baseada, e vou concretar no caso de Marrocos e o Sáhara, por un lado na pillaxe dos recursos naturais13 desta última nación (o Sáhara), principalmente os relacionados coa pesca e os fosfatos, e por outro na venta de armas14, unha venta de armas que lle facemos, por certo, a un reino, o de alá, con problemas co de acá (lembremos, sen entrar a valorar aquí as razóns xeográficas ou históricas, Perejil, Ceuta ou Melilla) e facer unha política en serio15 como outro elemento fundamental desta fase final do neoliberalismo na que, disque, estamos a entrar16


5Páxina oficial de Frontex:

https://frontex.europa.eu/es/

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...