xoves, 22 de xullo de 2021

A carne e o video de Garzón

  seguir leyendo en es                           seguir lendo en pt-gal

Imbatible: Non hai dúbida de que o vídeo sobre a carne do Ministro Garzón, é imbatíbel. Apenas 90 euros e uns resultados impresionantes. (Explícannolo aquí  ) 

Aquí, por certo, pódese ver o vídeo (2)

Un vídeo polémico, o que forma parte do seu éxito. Crear polémica era xusto o que pretendía. Pero esa polémica quedouse, ou se intentou que quedase, nuns ataques cheos de tópicos e descualificacións tanto pola dereita sempre disposta a atacar ao goberno, aínda que non tivesen motivos, e neste caso si os tiñan, defender aos seus, ao modelo máis industrial da gandaría, especialmente a máis rendíbel, as macro-granxas, como polo socio de goberno, o PSOE, entendo que para diferenciarse e, tamén, porque no fondo defenden os mesmos sectores gandeiros.

Pero se o intento de evitar a polémica da dereita e o PSOE non me estraña, que a reacción dos sindicatos agrarios galegos fose a mesma si o fai. Reaccionaron coma se a campaña fose unha agresión directa, sen ningunha matización: (3) 

Sen embargo unha análise do vídeo é, no conxunto, acertado e necesario, aínda que obviamente a súa corta duración lle deixase matizacións por facer: (4)

Pola miña parte creo que hai dous temas recorrentes no vídeo. Por unha banda a necesidade de reducir o consumo de carne por motivos de saúde (evidencia científica) e de medo-ambiente (evidencia científica) e a de consumir carne procedente de gandaría máis respectuosa (máis extensiva) contra a menos respectuosa (máis industrial). Outra evidencia científica. Un exemplo claro témolo nesta reportaxe: (5)

Creo, en definitiva, que os sindicatos agrarios galegos perderon unha boa oportunidade para entrar na polémica e iniciar un debate en serio sobre os medios de produción gandeiros, desmarcándose da gandeiría máis industrial, como as macro-granxas, defendendo a soberanía alimentaria (menos contaminante ao eliminar practicamente o transporte) e mesmo as políticas institucionais de defensa da agricultura que, realmente, defenden outras cousas. Falo, por exemplo da PAC e das súas grandes limitacións, como valoran, precisamente, os sindicatos galegos (6)  e como podemos ver nesta análise dunha eurodiputada do mesmo grupo que o ministro (7)

E finamente quero pór un exemplo dunha resposta que me parece máis correcta (falo do tipo de reacción non do contido estrito). Neste artigo a COAG di: “Tamén temos claro que se, como resultado de toda esta polémica, a cidadanía comeza a preocuparse por como se producen os alimentos que se consumen, teremos gañado moito” Pois iso. Creo que cumpría aproveitar o vídeo para entrar na polémica e non limitarse a oporse. Creo que os nosos sindicatos tiñan (teñen) moito máis que ganar.(8)

Enlaces:

1)https://www.publico.es/politica/guerra-chuleton-polemico-video-carne-garzon-costo-90-euros.html

2) https://mobile.twitter.com/agarzon/status/1412715352325246990

3)https://praza.gal/economia/os-sindicatos-agrarios-galegos-critican-a-garzon-e-piden-diferenciar-entre-granxas-sustentables-e-producion-industrial-de-carne

4) https://www.climatica.lamarea.com/politica-ciencia-carne-garzon/

5)https://www.eldiario.es/internacional/dame-fuego-ver-carne-destruccion-amazonia_130_7257949.html 

6)https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/fruga-sindicato-labrego-consideran-inxusta-pac-aprobada-pola-ue/20210628184719124407.html

7)https://www.eldiario.es/euroblog/nueva-pac-chicha-limona_132_8121476.html

8)https://blogs.publico.es/otrasmiradas/50799/lo-que-nos-une-carta-abierta-de-miles-de-familias-ganaderas-a-la-ciudadania/





venres, 9 de xullo de 2021

Concellos, interinos e descentralización

  seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

Dice a nova: o concello pecha un acordo histórico cos sindicatos para rematar coa temporalidade dos interinos.(1) 

O problema dos interinos é importante. E non só dos interinos, hai outras temporalidades. E hai "indefinidos". E hai oposicións que non se convocan. Situacións inxustas con moitas aristas.

Mais coido que hai algunhas claves que explican unha parte, polo menos da súa existencia, cando menos na administración local. Na nova que reproduzo en  (1), aparece mencionada neste parágrafo: “A pesar do acordo alcanzado cos representantes dos traballadores, Iceta non conseguiu chegar a un acordo na Conferencia Sectorial de Administración Pública coas comunidades autónomas, onde as autonomías gobernadas polo PP ou os partidos nacionalistas opuxéronse á proposta de Función Pública, alegando que era preciso eliminar ou redefinir as taxas de reposición, o límite que ten unha Administración pública para renovar o número de empregados públicos, entre outros puntos de confrontación "

Cóntase coma se fose unha escusa (e seguramente éo, cando menos no caso do PP). Mais as taxas de reposición non son unha nimiedade. Xunto as leis de estabilidade orzamentaria (as leis Montoro) e as "leis de servizos esenciais" son a gran espada que pende sobre os gobernos locais que queren facer algo.

Tamén é certo que hai quen si as menciona, e ben, por exemplo: "Desde a CIG piden a "eliminación da taxa de reposición con carácter indefinido (2) 

Lonxe quedan xa os tempos dese "gran reformador democrático, case revolucionario desde a perspectiva actual" (modo retranca) Manuel Fraga Iribarne, coa súa Administración única, na parte referida á administración local. Lembremos: anos 90. Manuel Fraga exige a administração única para Galicia, Catalunya e o País Vasco Manuel Fraga exige la administración única para Galicia, Cataluña y el País Vasco | España | EL PAÍS (elpais.com) onde dicía: (3)

"O proceso de racionalización tamén debe abrir un proceso de transferencia para a administración local, de competencias autónomicas, cando a súa prestación por parte por esas entidades locais dean paso a un servizo público máis eficaz debido á súa proximidade co cidadán".

As leis austericidas aínda vixentes mencionei antes foron no camiño contrario. Coa lexislación austericida os concellos viron gravemente reducida a sua autonomía.

E sen embargo, o cambio do xa claramente caduco modelo neoliberal vai necesitar unha administración local con capacidade de acción. Para iso temos que reverter esas leis e dotar de forza aos concellos para que poidan re-municipalizar servizos e mesmo crear outros novos.

Vémolo por exemplo nesta ligazón falando de auga, a xestión de residuos e a produción de electricidade. (4)  

E como contra-exemplo temos isto outro, a denuncia en Nós-diario da perda de poboación provocada polos parques eólicos. Dous modelos enerxéticos opostos : (5)  

1.-https://www.eldiario.es/economia/gobierno-cierra-acuerdo-historico-sindicatos-acabar-temporalidad-interinos_1_8104937.html

2.-https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/criticas-ao-acordo-estabilizacion-da-funcion-publica-asinado-madrid/20210706195739124943.html

3.-Manuel Fraga exige la administración única para Galicia, Cataluña y el País Vasco | España | EL PAÍS (elpais.com) 

4.-https://www.publico.es/sociedad/empresas-municipales-agua-abren-via-local-soberanias-energeticas.html.

5.-https://www.nosdiario.gal/articulo/social/eolicos-favorecen-despoboamento-rural/20210702172112124711.html


Estamos ganando nós o relato (2021-07-05)

  seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

1) Rematara de escribir este comentario horas antes do asasinato de Samuel. Sigo pensando que o meu “relato” describe a realidade, polo que o vou publicar igual. Porque, a pesar de todo o que nos doan feitos, demasiados, que seguen a pasar, as cousas cambian. A extrema dereita estanos pelexando o “relato” porque, en perspectiva histórica, estámolo gañando.

Ás veces parece que o mundo non avanza nada, e tampouco é certo. Certamente debería ir máis rápido e aínda hai moitas e moi importantes que non mudam ren, mais os que xa temos algúns anos, vémolas cambiadas. É algo que temos que saber. Vexamos:

1) As vodas relixiosas, as da igrexa católica neste reino tan católico, van de capa caída: “En 2000, o 75,6% das unións celebradas en España eran católicas. Oito anos despois esa porcentaxe xa baixara ao 45,5%. A mediados da última década caeu ata o 31,7% e en 2019 apenas superou o 20%. Un proceso moi rápido.” En termos históricos unha revolución  (1)

2) O racismo segue existindo. Mais lembremos a forza dese relato no século XX onde a euxenesia chegou a ser considerada una rama lexítima da ciencia. Seguen, é certo, os casos de EUA ou o máis sangrante de Israel, e non son os únicos. Pero hoxe, por exemplo, os indíxenas canadianos (e non só os indíxenas) están a queimar igrexas e chimpando estatuas das raíñas (Isabel II é aínda a súa raíña, lembrémolo). Teñen moi boas razóns, dada a confirmación dos infanticidios “descubertos” agora irrefutabelmente. Mais son infanticidios cometidos aínda no século pasado e que nunca poderían ter sucedido sen unha ampla complicidade cidadá. Hoxe a complicidade parece que a teñen as queimas e as “vandalidacións” das estatuas. Un caso semellante aconteceu tampouco hai tanto en Australia coa escandalosa “educación forzosa” dos mestizos, tamén hai menos de un século  (2).

3) LGTBI-Trans Un dato, impresionante en perspectiva histórica, sobre a derrota progresiva do relato das Sagradas identidades do masculino e o feminino (as famosas peras e mazás). Aínda está comenzando, mais coido que vai seguir, malia os machotes (de ambos sexos) que pensen que é a fin mundo: “Menos mozos se identifican coa heterosexualidade: segundo o último CIS, o 82,7% das persoas entre 18 e 24 anos defínense deste xeito; en 2016 superaba o 90%”(3)

E o mesmo, mais comezando máis tarde acontece co colectivo Trans: El Diario cóntanolo nestas “cinco vidas que serían (que para outros van ser) distintas”(4)

4) Boy Scouts: O mundo dos relatos de hai unhas poucas décadas estaba dividido entre bos, moi bos, e ruíns, moi ruíns (como o de agora, pero creo que máis). Entre os moi bos (sen discusión) estaban os boy scouts. En fin: “Os 'boy scouts' estadounidenses chegaron a un acordo cos grupos que representan a decenas de miles de homes que acusan á organización de abusos sexuais.(5)

5) Endometriose As enfermidades típicas da muller considerounas a ciencia oficial, como exemplifica Freud, do único xeito que un “científico” que non as sofre, coma el, sabía que deberían ser tratadas. Basicamente, “cousas de histéricas”. O relato da inferioridade en todas as facetas das mulleres convertía en niñarías (para os homes) os seus problemas, especialmente cando eran “dores naturais”. E aínda que pareza mentira aquí si que queda moito, moitisimo, que andar. A violencia obstétrica, a valoración do parto ou a endometriose, por exemplo: “Este xoves QuerENDO iniciou unha campaña en redes sociais que baixou o título "A outra cara da Endometriose?" busca dar a coñecer as vivencias das mulleres afectadas por medio de testemuños expresados por homes. A campaña busca poñer o foco e denunciar o nesgo de xénero que presenta a medicina, na que as doenzas que só afectan ao sexo feminino son invisibilizadas ou relegadas... (6)

Ás 20 horas concentración, tamén en Betanzos. Porque os relatos que tanto custaron construír hai que defendelos contra os que queren voltar aos do pasado.

1.-https://www.eldiario.es/sociedad/bodas-religiosas-pasan-decadas-rozar-76-total-apenas-10_1_8084703.html

2.-https://www.lasexta.com/noticias/internacional/continua-ola-quema-iglesias-canada-hallazgo-miles-cadaveres-ninos-indigenas-internados-catolicos_2021070160ddd9def025960001230d9a.html

3.- https://www.eldiario.es/sociedad/vez-heterosexuales_1_8099782.html

4.-https://elpais.com/sociedad/2021-06-29/cinco-vidas-que-serian-distintas-con-la-ley-trans-me-diagnosticaron-disforia-de-genero-como-si-estuviera-enfermo.html

5.-https://www.eldiario.es/internacional/boy-scouts-llegan-acuerdo-850-millones-dolares-victimas-abusos-sexuales_1_8097713.html

6.-https://praza.gal/acontece/unha-campana-das-mulleres-con-endometriose-denuncia-o-nesgo-de-xenero-na-medicina-a-traves-da-doenza-que-sofren-60-mil-galegas



luns, 5 de xullo de 2021

Cousas... que están acontecendo. El Salvador e o Bitcoin (2021-07-03)

  seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

A Asemblea Nacional salvadoreña obriga aos seus comerciantes e á administración do Estado a aceptar pagamentos en bitcoins (1) apenas tres días despois de que o presidente Nayib Bukele, fixera pública esta ocorrencia. Alén diso, en breve emitirá bonos públicos baseados en bitcoin. 

Para situar a Nayib Bukele recomendo esta páxina (2)

O Bitcoin é unha criptomoeda que non ten o respaldo de ningún banco central e que se executa por tecnoloxía distribuída. Coido que é unha boa idea preguntarse por que existe e a quen beneficia (Espoileo: Ideoloxicamente: aos neoliberais libertarios e economicamente: "aos especuladores no mesmo Bitcoin, aos defraudadores, aos delincuentes e, agora, aos extorsionadores. O seu beneficio para la poboación en xeral é mínimo" de acordo con este pequeno artigo de Robert Kuttner en Sin Permiso, quen, por outra banda, defende as moedas electrónicas emitidas polos Bancos Centrais de Moeda Digital (o CBDC de Central Bank Digital Currency) que si estarán respaldadas polos bancos centrais 

A súa natureza cen por cen especulativa (pois carece de respaldo) está a provocar chamadas de atención (4), como esta da OCU.

Na miña opinión, coas súas vantaxes, desvantaxes e riscos, con diferentes propostas concretas (e polo tanto enfrontadas) entre os partidarios do público e os do privado, a expansión das moedas dixitais é inevitable. Falo, por suposto, das moedas emitidas por CBDC. Dúas ligazóns sobre as diferenzas coas cibermoedas "libertarias"(5) e (6)

Finalmente mencionar o problema da enerxía destas moedas libertarias. "En 2024, a minería de bitcoins será o duodécimo "país" por consumo de enerxía". Todo, como di Robert Kuttner para o maior beneficio (ou perda) de "especuladores no propio Bitcoin, defraudadores, delincuentes e, agora, extorsionadores".

E todo isto, podemos relacionalo coa banca pública? Está claro que a existencia do CBDC abrirá algunhas portas interesantes. Algo diso discútese nalgúns dos artigos mencionados e merecerá unha mellor análise.

1)https://www.eldiario.es/tecnologia/salvador-prepara-lanzamiento-bonos-publicos-basados-bitcoin_1_8085269.html.

2) https://blogs.publico.es/otrasmiradas/50470/el-peligroso-efecto-bukele/

3) Es hora de prohibir las criptomonedas privadas - Robert Kuttner | Sin Permiso

4) Criptomonedas: La OCU advierte del riesgo de estafas a través de las criptomonedas | Público (publico.es)

5)https://www.publico.pt/2021/06/14/opiniao/opiniao/moeda-digital-perplexidades-futuro-sistema-bancario-1966286

6)  https://blogs.publico.es/kaostica/2021/05/28/moneda-digital/

7) https://blogs.publico.es/kaostica/2021/04/09/bitcoin-medioambiente/ 



Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...