domingo, 20 de febreiro de 2022

Elon Musk e a necessidade da Renda Básica.

 

 
       Publilcado no twitter de Elon Musk

(Artigo publicado no meu facebook: https://www.facebook.com/bieito.penela/posts/3389919601148397)

Fala-se da necessidade dumha Renda Máxima. Umha quantidade (desde logo, abondo elevada) a partir da cal os impostos a pagar se acheguem ao 100%. A sua função fundamental seria evitar a existenza de persoas tão ricas que pudessem influir decisivamente nas decisões das organizações políticas.

Um bom exemplo penso que são as atuações recentes de Elon Musk. Vejamos estas 3 novas:

1) Debate com o Programa Mundial de Alimentos de la ONU, que lhe “pedia” 6.000 milhões de dólares e ao que se atreveu a exigir-lhes explicações de como iam ser gastadas, o que, por certo, fixerom:

- https://www.lavanguardia.com/tecnologia/20211102/7832348/elon-musk-pone-condicion-onu-donar-millones-resolver-hambre-mundo-pmv.html

- https://www.65ymas.com/sociedad/onu-responde-reto-elon-musk-tesla-plan-acabar-con-hambre-en-mundo_34025_102.html

2) Certamente o que pedia o organismo do ONU não eram impostos (lamentavelmente a ONU não tem capacidade para os impor) mas acercavam-se no sentido de implicar contas claras (que é o que lhe pedia Musk) e execução por um organismo público. Em lugar disso o magnate preferiu “doar” essa quantidade a “instituições de caridade” sem especificar a cales.

O controle é del, As contas conhece-as el. Para el não são tantos quartos e, desde logo, saem-lhe mais a conta que os impostos (e seguramente desgravam)

- https://24.sapo.pt/atualidade/artigos/elon-musk-doou-cinco-mil-milhoes-de-euros-a-instituicoes-de-caridade-em-2021

3) Um Elon Musk que, de forma mais descarada que outros mil-milionários, intervém continuamente em política. Com toda a força que lhe permite a sua imensa fortuna.

- https://www.eldiario.es/tecnologia/elon-musk-relaciona-trudeau-hitler-protesta-camioneros-antivacunas_1_8755936.html

Não é umha broma, são um perigo para a democracia.



martes, 8 de febreiro de 2022

Acontece: 2022-02-08: Estratexia China, Análise da "Risga" portuguesa (RSI). Recuperar frecuencias nos buses Ferrol A Coruña. corrupción de Iberdrola en México

 
Eneko en público: https://blogs.publico.es/vinetas/2022/02/07/verde-europeo/ 

Exercícios de supremacia geoestratégica: a Franja e a Rota, por Joám Lopes Facal: Um repasso à política internacional e em especial à estratégia china da Franja e a Rota.

https://praza.gal/opinion/exercicios-de-supremacia-geoestrategica-a-franja-e-a-rota

----------------------

Artigo em público.pt sobre o Rendimento Mínimo de Exclusão (a RISGA dali)

“Eu quero mais, eu esperava mais. Eu luto por mais.

Decorridos 25 anos, a medida é essencialmente, na sua abordagem conceptual, uma mentira. Não é rendimento, não é social, nem é de inserção. Alguém consegue sobreviver com 189,50 euros por mês se for isolado no agregado?”

Curioso que, a pesares dumha análise correta, não dá chegado à RBUI.

https://www.publico.pt/2021/08/17/opiniao/opiniao/rendimento-minimo-exclusao-1974222

----------------------

Si. Recuperar frecuencias, todos entendemos que a loita contra o cambio climático implica maior e mellor transporte público. Pois entre Ferrol e A Coruña, e os “puntos intermedios”, entre eles claro Betanzos, non: A usar o coche privado ou a autoestrada ou “sufrir” o pésimo e empeorado (parecía imposíbel, mais fixérono) servizo de buses ou o practicamente inexistente de trens.

Ata o PSOE de Betanzos, e a alcaldesa protestan: https://novas.betanzos.es/o-concello-trasladalle-novas-queixas-a-xunta-polo-transporte-e-advirte-que-se-non-son-atendidas-emprendera-outro-tipo-de-vias/

www.nosdiario.gal/articulo/social/demandan-recuperar-horarios-frecuencias-transporte-publico-estrada-ferrol-coruna/20220205172627136856.html

----------------------

Ata o México das “mordidas” empeza a estar farto das empresas “españolas” ou com tratos com os “españois”, lembremos PEMEX desembarcando aquí ou vexamos a Iberdrola ali.

https://www.publico.es/internacional/iberdrola-mexico-mexico-investiga-iberdrola-venta-irregular-energia.html




domingo, 6 de febreiro de 2022

O Movemento Pensionista sairá á rúa o 12 de febreiro.

 Esta entrada e as seguintes hanse publicar unicamente neste blog https://abieito-blog-gal.blogspot.com


N o 2015, en plena ofensiva contra as pensións públicas, o goberno de Rajoy pretendeu reducir a súa revalorización anual a só un 0,25%. Este ataque sen precedentes aos pensionistas ergueu un potente movemento, como podemos lembrar, por exemplo, neste enlace da manifestación do 17 de marzo de 20181 que bloqueou eficazmente a aplicación desa mísera suba. De paso, acelerou a caída do goberno de Rajoy.

Coa loita conseguiuse ese obxectivo e tamén outros, como nos lembraba o Movemento pensionista pouco antes da aprobación da Reforma “Escrivá” (Lei 121/000066, de garantía do poder adquisitivo das pensións e de outras medidas de reforzo da sostibilidade financeira e social do sistema público de pensións) 2.

1. Os chamados gastos impropios da Seguridade Social serán asumidos polos Orzamentos Xerais do Estado. En adiante as cotizacións sociais destinaranse ao financiamento das pensións contributivas.

2. Realizarase unha auditoría de ingresos e gastos do sistema desde 1967 a 2020, o que permitirá demostrar que a SS asumiu durante décadas gastos que non lle correspondían, o que facilitou que os partidarios da privatización argumentasen a existencia dunha débeda ficticia.

Mesmo houbo vitorias estratéxicas que, malia todo, están por concretar como: A referencia a que se debe asegurar o actual nivel das prestacións públicas medida pola taxa de substitución da pensión inicial en relación co salario. O recoñecemento do dereito ás pensións de viuvez das parellas de feito, acabando así cunha discriminación que prexudicaba a centos milleiros de persoas. Tamén se abriu a porta á existencia dun complemento ás pensións das persoas con longas carreiras de cotizacións e a relacionar o importe das pensións co SMI.

Estes éxitos son unha cara da realidade: O Movemento pensionista conseguiu parar o máis duro da ofensiva neo-liberal. Mais a outra cara desa realidade é que esa ofensiva mantense no fundamental. Esta primeira reforma deixa pendentes os seguintes problemas 3:

• O IPC empregado non é o interanual acumulado, senón “o IPC medio”, polo que, lonxe de garantir nada, este ano redúcese un 3% o poder adquisitivo das pensións.

Non eleva as pensións mínimas a niveis de dignidade para eliminar as pensións de miseria e a brecha de xénero.

Aparece unha nova figura: o Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) que pretende derrogar o anterior factor de sustentabilidade. Porén, fala de permitir os recortes das pensións cando o consideren necesario. E non se fai nin unha mención á reposición das cantidades que se desviaron da caixa da Seguridade Social para gastos distintos das pensións (gastos impropios).

• Afondan nos recortes das anteriores reformas das pensións: o atraso da idade de xubilación e a ampliación do prazo de cómputo para o cálculo da base reguladora,…

E moi importante, déixase o terreo preparado para a privatización, para que outra parte do sector público, neste caso as pensións, vaia a ampliar o campo do negocio privado e financeiro.

Non son reivindicacións menores. E haberá que sumarlle as que aparezan na segunda reforma que vai vir. De feito, como vemos, os problemas máis importantes están aínda pendentes. Non nos enganemos, a ofensiva neo-liberal mantense no fundamental: Apropiarse do público depreciando as pensións o máximo posíbel para conseguir a súa privatización, esta vez mediante os plans de empresa, ante o fracaso dos plans individuais.

Por iso os pensionistas vense obrigados a convocar unha xornada de mobilizacións o vindeiro 12 de febreiro. Mobilizacións que na Galiza esta vez serán descentralizadas: En Ribadeo e en Cangas 4..

Goberne quen goberne, as pensións públicas deféndense.

Xogamos moito coas trolas.

 

  leer en es                                     ler en pt-gal


A Realidade ten a teimosa característica de ser CERTA. E a TROLA NON. A trola (A MENTIRA, A MEDIA VERDADE) quere precisamente suplantar a realidade para mudala ou impedila de mudar. Sempre existiu e sempre foi utilizada polo poder (meigas, ciganos, xudeus, mouros, herexes...), mais hoxe adquire novas características derivadas da posibilidade de empregar as novas tecnoloxías na súa propagación planificada. Como aconteceu claramente no caso das “macro-granxas" de Garzón).

Neste caso partimos da constatación de que na gandeiría actual está a triunfar a concepción neoliberal (as macro-granxas). A calidade da carne, o benestar animal, o respecto ao medio ambiente, a contaminación das augas, o despoboamento rural, o exceso de nitratos... non lles importan, son problemas da "sociedade" ou do "goberno" ou de "todos" ou, mellor, chamémoslles. "externalizacións" que parece máis neutral. A consecuencia son custos baixos, prezos baixos e moitos beneficios. E de paso, con prezos baixos expúlsase a competencia da gandeiría responsable, aquela que non “externaliza”.

Os feitos

Alberto Garzón concedeu unha entrevista ao xornal británico The Guardian, publicada o pasado 26 de decembro. Aquí se pode ver a parte polémica da entrevista. O 3 de xaneiro comeza a farsa (“España exporta carne de mala calidade de animais maltratados”). O truco, por suposto, é quitar as "macro-granxas" para que os que aqueles que producen carne de mala calidade sexan "os gandeiros".

Coincidencias.

A trola permite enmascarar cousas como:

-En Castela-León comezan os xuízos que deixan en mal lugar ao candidato do PP.

-Europa vai declarar a enerxía nuclear e o gas natural como ecolóxicos.

- Os datos de emprego de decembro, que indicaban que 2021 remataba como o ano con maior recorte de desemprego da historia.

-A UCO concluíu que o ex-ministro do PP Eduardo Zaplana lavou máis de 16 millóns de euros

Sobre estes dous últimos recoméndovos este artigo, onde ademais se nos explica a metodoloxía (e fálase doutra trola de éxito do mesmo día, a do incremento do patrimonio de Irene Montero)

Metodoloxía.

Do artigo anterior extraio algúns parágrafos (en castelán. Cursivas miñas)

PSOE

O máis estraño (ou non) é que ministros e presidentes autonómicos socialistas atacaron ao ministro Alberto Garzón por criticar este modelo, cando os seus gobernos elaboran unha normativa que as limitan.

Parece que cada vez que se tocan os intereses do lobby da industria cárnica, como cando se tocan os do sector eléctrico, o PSOE dubida e comeza a andar co pé errado.

Mesmo Sánchez, presidente do goberno do que é ministro Garzón, "lamenta a 'polémica' polas declaracións de Garzón e defende que España exporte carne de 'calidade extraordinaria', entrando ao cen por cento na campaña de linchamento.

Mais esta posición do PSOE a favor dun lobby tamén non é tan estraña . Aliás, lembremos as Portas Xiratorias, que as Renovables están deseñadas desde a óptica dos mega-parques (que precisan de grandes investidores) ou o Favoritismo ás grandes construtoras.

Sindicatos Agrários

E que pensan os gandeiros, ou os seus representantes, os sindicatos:

En primeiro lugar, comprobar a valente e correcta postura adoptada polo Sindicato Labrego Galego. "As macro-granxas son absolutamente incompatibles cun medio rural vivo" e que "abondarían 23 macro-granxas como a que se pretende construír en Noviercas (Soria), con máis de 23.000 vacas, "para destruír as 29.282 granxas de bovino que traballan actualmente no noso país"

Tamén sinalar que boto en falta a posición do outro Sindicato Galego favorábel (así me parece) á gandeiría responsable , Fruga. A data de hoxe 11-01-2020 non encontrei nada en Facebook nin na súa web. As macro-granxas non van con eles?

En canto ao outro sindicato (Unións Agrarias-UUAA, incluída en Unión de Pequeños Productores-UPA) maniféstase descaradamente a favor do embuste e, polo tanto, das macro-granxas. Iso a pesar de a UPA se terse manifestado en 23/04/2021 como "esperanzada" coas intencións do Goberno de prohibir as macro-granxas de carne de bovina.

O certo é que na hora da verdade, este sindicato está defendendo os intereses das macro-granxas fronte, polo tanto, á gandeiría extensiva. Neste caso, o 4 de xaneiro, no día seguinte ao lanzamento da farsa, pediu a dimisión de Garzón (botando "zurro" no debate ao argumentar a favor dunha gandeiria extensiva, coma se esta fose a atacada polo ministro). Esta entrada mantense na súa web ata hoxe (11-01-2022)

Igual que se mantén o seu artigo (07-08-2021) da campaña anterior contra o ministro (tamén como resultado doutra deturpación das palabras de Garzón para transformalas nunha trola).

 https://www.eldiario.es/tecnologia/verificadores-mundo-acusan-youtube-tolerar-bulos-negacionistas_1_8648032.html


Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...