Ler en es Ler en pt.gal
A
política
europea,
e máis en concreto a española, sobre a inmigración “ilegal”
é
xa un modelo
fracasado.
Estase
tornando cada vez
máis evidente.
-
Un
modelo fracasado
porque converteu
a
Europa en
refén de tiranos. Turquía, Libia ou
Marrocos
mandan na UE, non só coa chantaxe
dos cartos,
que estarían
mellor
empregados
noutra cousa, senón, aínda máis grave, condicionando severamente
a nosa política exterior en escenarios tan importantes para nós
como o Oriente
próximo ou os Países
da
África
en xeral e do
Magreb
e o Sáhara
en particular. Mesmo o ditador Erdoğan (a democracia turca estase
tornando cada
vez menos “democracia”)
permítese ningunear á mantenta á Presidenta
da Comisión Europea ou o ditador Mohamed, o do reino de alá (e
“alá”
non hai dúbidas sobre o da
ditadura) pode crear unha crise europea porque un día tivo un
incidente persoal no estreito
coa garda civil (como
nos conta o ex-ministro Fernández Díaz) ou porque atendemos nun
hospital deste reino de acá (o de Felipe) ao presidente da República
Árabe Saharui (estado recoñecido pola
Unión Africana
e que forma parte dela).
-
Un
modelo fracasado
porque o seu mantemento estanos
“obrigando”
a militarizar
o
control
das
nosas fronteiras, mesmo
co exercito
ou, a nivel europeo, cun
organismo como
“Frontex”
que é a maior “axencia común” de todos os europeos
e que está chea
de denuncias
significando,
na
práctica,
unha militarización inaceptábel
da nosa política exterior. (E
non sería
tan ou máis merecedora de termos
a “maior axencia común europea”, por exemplo, a loita contra o
cambio climático, por unha sociedade non patriarcal ou rematar coa
pobreza?)
-
Un
modelo fracasado
porque se está actuando con extraordinaria firmeza nunhas fronteiras
polas que nin
mesmo
acceden
a maioría das
persoas
inmigrantes, nin
sequera desas
chamadas
“ilegais”, que entran principalmente
polos aeroportos. (Como
di Procausa
“A inmigración irregular en España hoxe vén
principalmente de América Central e do Sur. Case catro de cada cinco
(77%) estranxeiros sen
documentos
son
orixinarios desta rexión e os inmigrantes irregulares representan xa
a cuarta parte de todos os residentes procedentes de América Latina”
(Nota.
Obviamente
non analizo neste momento a
inmigración
latinoamericana,
tan só anotar que entendo que ela
non
debe ser “ilegalizada”).
Pola
contra, son
as fronteiras das
persoas
que
foxen
das guerras e da fame que hai en África ou en Oriente Próximo,
talvez
aquelas
que
precisan
de mais solidariedade, as
máis e mellor “impermeabilizadas”.
-
Un
modelo fracasado
porque está propiciando
que Europa e este
reino de acá admitan
como algo normal a
existencia de
traballo escravo. Enfocando
na agricultura, os
casos recentes de Odemira
en Portugal ou de Murciae
Lleida
en
España son
esclarecedores. O mesmo poderíamos dicir da
hostalería ou
a construción ou
o coidado das
nosas
persoas
maiores ou
das pequenas
(o
que
merecería unha análise máis detida) que
nos amosa como
estamos avanzando cara aí, cara o traballo escravo, conformándose
un exercito de reserva fortemente
desprotexido que contribúe
“eficazmente” a
empeorar a situación das
“nosas”
persoas
traballadoras
precarias.
-
Un
modelo fracasado
porque Europa precisa,
xa
agora pero principalmente
cara
ao futuro,
ás
inmigrantes que están
“Compensando
o
saldo vexetativo
negativo, habitando en
áreas
rurais
baleiras,
detendo
o
envellecemento
da forza
laboral, encarregándose
dos coidados e
mantendo
as pensións”.
Xusto
esas
mesmas
inmigrantes
ás
que estamos criminalizando (tratándoas
mesmo
de
“ilegais”,
algo
que as persoas nunca poden ser, obviamente).
-
Un
modelo fracasado
porque esta vía de enfrontar o problema migratorio afasta cada vez
máis a Europa dos
seus
obxectivos
fundacionais,
da
defensa da Dignidade
do ser humano e
dos Dereitos
humanos, en Europa ou en calquera parte
do mundo.
A inmigración non é o único factor desta deriva pero si que é un
moi
importante.
É
hora
de
aproveitar a petulancia
do rei de alá (Mohamed) para
pór
punto
final á
política
que realizamos
os súbditos do rei de acá (Felipe) e o resto de Europa. É o
momento de ser valentes, abandonar
a
actual
política
de raíces neoliberais, baseada,
e
vou
concretar no
caso de Marrocos e o Sáhara, por
un lado na
pillaxe
dos
recursos naturais
desta
última nación (o
Sáhara),
principalmente
os relacionados coa pesca e os fosfatos,
e por
outro na
venta
de armas,
unha
venta de armas que lle facemos, por
certo, a un reino, o de alá, con problemas co de acá (lembremos,
sen entrar a valorar aquí as razóns xeográficas ou históricas,
Perejil, Ceuta ou
Melilla)
e
facer unha política
en serio
como
outro
elemento
fundamental desta
fase final do neoliberalismo na
que,
disque,
estamos a entrar