sábado, 29 de maio de 2021

Sareb vai ser público.

Teléfono de Sareb
 

 Boas novas. Finalmente, o noso reino (o de aquí) terá (previsiblemente) un banco público.

Claro que vai ser o Sareb (o banco malo). Pero non vamos pagar nada por el. Parece que a partir de xuño xa podemos telo. Sen máis.

Claro que, de balde, o que se di de balde tamén non nos sae. O banco, é ben sabido, serviu de refuxio a todos aqueles "bens imobiliarios" que non valían, nin de brincadeira, o que dicían que valía (neste caso non se chama malo coma aos outros bancos, senón porque "“non ten as calidades que debería ter, que non é de boa calidade” como di a RAGA no seu primeiro significado). Agora ben, a finais de marzo "a oficina estatística Eurostat decidiu incorporar a Sareb ao perímetro das contas do Estado, o que obrigou a sumar 35.000 millóns de débeda pública en 2020 e máis de 10.000 millóns de déficit ”(IMV ten un orzamento anual total de 3.000 millóns).

Ou sexa, volvemos rescatar os mesmos de sempre. Pobriños, canto e con canta frecuencia o precisan. Nós, o resto dos traballadores, vamos a continuar agardando, pero ao final: hai prioridades.

A vantaxe é que, para iso, o goberno terá que alterar unha lei. Unha que prohibía que "en ningún caso a participación pública no conxunto das participacións directas ou indirectas (en sociedades xestoras de activos) pode ser igual ou superior ao 50%" (ver a ligazón anterior) De agora en adiante, si podermos (ou van mudar de novo así que fagamos esta operación?)

Ábrese, tambén, o melón. Que facer con estes "activos" (en 2012, cando se creou, recibiu case 200 mil activos de nove caixas de aforros, dos cales o 80% eran préstamos a promotores e o 20% eran inmobeis)?

Comentario de: Banco malo 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...