xoves, 20 de agosto de 2020

Hoxe van 80 años do asasinato de Trosky.

León Trotsky y Iosif Stalin

  (Ver en galego moderno-pt)

Hoxe van 80 anos do asasinato de Trosky. Independentemente da opinión que teñamos sobre el, que no meu caso aínda non teño pendente de realizar, está claro que é unha data histórica, xa que é un personaxe de gran calado persoal, político e intelectual.

Se a esquerda sempre tivo disensións no seu seo, o  sucedido no século XX, a partir da vitoria do "partido comunista"; na URSS (e despois noutros estados preindustriais) só turbou o debate, chegando como neste caso ao asasinato. Atreveríame a dicir que, na práctica, obstaculizouno con grande efectivadade.

Creo que algunha información facilitada no artigo permítenos obter unha fotografía do problema.

Sobre o auxe da burocracia na URSS, só dous datos. O primeiro: en 1923 (apenas cinco anos despois do 1917) o partido bolxevique tiña 370.000 membros, dos cales só 35.000 eran traballadores, dous terzos da afiliación eran traballadores asalariados do partido, do exército (aínda que Trotski era o xefe formal do mesmo aínda en 1923 e goza de gran prestixio entre os veteranos da guerra civil, Stalin xa colocou aos seus fieis en posicións clave para minar a súa autoridade), dos sindicatos, dos organismos estatais. O segundo: xa a finais de 1926, un membro do partido de menor nivel gaña entre 5 e 6 veces máis que o salario medio do traballador.

Sobre a aniquilación da antiga garda bolxevique, só un dato: a finais dos anos 30, o 90 por cento dos membros que formaban parte do Comité central bolxevique que liderou a revolución de 1917 foron exterminados por Stalin. Pero houbo que liquidar ao principal responsable de todos os crimes acontecidos e, segundo o réxime estalinista, este non era outro que Trotski.

https://www.sinpermiso.info/textos/80-anos-del-asesinato-de-leon-trotsky 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...