xoves, 10 de xuño de 2021

Cousas que están acontecendo (2021-06-10):

 

 

Ler en e                               Ler en pt-gal


1) Aconteceu unha gran manifestación en Galicia para ler o manifesto “Eólica, así non”, por un novo modelo de desenvolvemento eólico para Galicia, denunciando, como lemos en Praza: o “modelo oportunista e fraudulento de “proxectos eólicos fragmentados para esquivar a normativa legal "Centos de proxectos que, advirten, "devalúan as economías locais, prexudican a calidade de vida das persoas e degradan as comunidades que viven no rural", ademais de atentar á titularidade da terra e á explotación dos seus recursos, "deteriorando o medio natural, a paisaxe e o patrimonio" .

Podemos ler máis nesta ligazón.

Relacionado co anterior, lemos que o goberno sacará dúas centrais hidroeléctricas que están a piques de caducar a concesión: Lémolo aquí. Destaco a referencia feita no mesmo artigo á opinión de Jorge Fabra, ex presidente de Rede Eléctrica e membro do grupo “Economistas fronte a crise:“ Sería fantástico que as centrais hidroeléctricas que expiren a concesión se fosen concentrando nunha empresa. Esta fonte fornece un servizo de valor incalculábel para o sistema eléctrico: cubrir a intermitencia das enerxías renovábeis, cortar os picos de produción contaminante, concentrar a produción cando unha nuclear entra en parada ... A súa xestión debe estar totalmente orientada ao interese xeral e agora mesmo non é"

E tamén sobre enerxía eléctrica, Xoán Antón Pérez Lema menciona algunhasclaves, como que ha ser un recurso público, o que obrigará a que os operadores privados se subordinen ao interese público e abrirá a posibilidade real (non a obrigatoriedade) de que a Xunta e as Administracións locais poidan desenvolver operadores enerxéticos públicos. E para o interese público é esencial reducir os custos do transporte, polo que o os territorios haberían tender á autosuficiencia enerxética, como defende a asociación galega de consumidores ACOUGA. O que obrigaría moito menos a deseñar macro parques eólicos terrestres e mariños e máis a aproveitar a optimización da tecnoloxía nos últimos tempos e inzar Galicia e todo o Estado de placas para aproveitamentos fotovoltaicos e termosolares nos edificios públicos, naves industriais e establecementos comerciais e vivendas unifamiliares e comunitarias. Velaí o exemplo da recente instalación de máis de 650 kw en 11 naves industriais no Novo Milladoiro-Ames, polo Grupo Vagalume Enerxía e Santiago Sur...


2) Aconteceu tamén un novo tropezo coa Igrexa, perdón coa Xustiza, ou foi ao revés ... Non sei moi ben, pero si que foi coa liberdade de expresión. Que manía ten a igrexa coa liberdade de expresión, ou será a xustiza que lle ten a manía? Que lio estou tendo meu deus!!!. A ver, principiemos polo principio, a Santa Inquisición, era unha cousa eclesiástica ou xurídica...? Vale, que agora mesmo tampouco me lembro moi ben. En calquera caso, vese que seguimos máis ou menos na mesma, desta vez por unha procesión dunha vaxina de plástico. Podemos ver máis aquí:


3) Acontece que o Grupo 7 (países de Europa, EUA, Xapón e Canadá) aprobou un acordo fiscal, como todos sabemos, que di que abrirá as portas para o reseat do capitalismo. Podemos ver a noticia, por exemplo, aquí:

Hai críticas para estudar. Primeiro, porque seica a Joe a idea ocorréuselle porque precisaba ingresos para realizar o seu programa post-covid, pero claro, se aplicaba el só este imposto, as empresas íanselle fóra, entón precisaba dese acordo para evitalo, non volver colocar, nada de reseat, a non ser como "dano colateral".

E a Oxfam apunta algo máis: ela afirma que isto significará que "miles de millóns de dólares en impostos perdidos nos paraísos fiscais por ano fluirían cara aos países ricos onde as grandes multinacionais como Amazon ou Pfizer teñen as súas sedes - independentemente de se as súas vendas e beneficios realmente se fagan nas nacións en desenvolvemento". Vémolo aquí:


4) Acontecerá que os días 12 e 13 de xuño Guitiriz vai celebrar o Festival de Poesía Guitirica, tornándose así na capital da poesía galega. Podémolo ver neste artigo de Antón de Guizán.


5) E acontece que hai unha páxina interesante para seguir e da que aprender: Boa Vida,Pontevedra. Somos un grupo de persoas agradables con “problemas de todo tipo”, con “dificultades”, en situación de “vulnerabilidade social”, que nos reunimos para levar mellor a vida (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, “ser referente”) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo».

Mulleres e homes de Pontevedra. Desempregadas coma ti, enfermos coma ti, nais de familia coma ti, xitanos coma ti, ex-toxicómanos coma ti, pais de familia coma ti, familias coidadoras coma ti…. persoas normais e correntes, anónimas coma ti.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...