martes, 2 de febreiro de 2021

Especular coa vacina: un crime contra a humanidade

       ler en gal.pt                                            leer en es

Levo varios días dándolle voltas a esta pregunta: é posible denunciar criminalmente un comportamento empresarial consistente en limitar a produción de vacinas con consecuencias de morte, a cambio de obter beneficios (ler cartos) coa escusa de posuír unha patente?

Este artigo (1) publicado en CXT por José Antonio Martín Pallín (avogado de Lifeabogados, maxistrado emérito do Tribunal Supremo e comisario da Comisión Internacional de Xuristas (Xenebra) creo que pode proporcionar algunhas claves para respondela en relación, en concreto, ao dereito internacional en base ás disposicións do Estatuto da Corte Penal Internacional, asinado en Roma o 17 de xullo de 1998.

Parte do feito de que "existe un consenso xeneralizado entre os xuristas sobre a necesidade de encaixar no marco do dereito penal determinados comportamentos que conmoven profundamente a conciencia da humanidade".

Sitúa os seguintes antecedentes de feito "dous millóns de persoas morreron de covid no mundo e o número de afectados pode chegar aos cen millóns" e que "polo de agora, os medios para detelo son a través de medidas sanitarias e sobre todo pola aplicación das vacinas que os laboratorios farmacéuticos conseguiron producir ".

E como centro do debate, por unha banda, as "leis" do mercado: especulación co prezo das vacinas. E por outro que "As únicas leis admisibles nunha sociedade democrática son as que emanan da soberanía popular representada polos respectivos poderes lexislativos".

Neste sentido e “Descartados os crimes de xenocidio, crimes de guerra e agresións, temos a posibilidade de explorar se a especulación comercial con vacinas pode incluírse na categoría criminal de crimes de lesa humanidade que se estende, segundo o texto do Estatuto , á posibilidade de castigar "calquera acto inhumano que cause intencionadamente grandes sufrimentos ou atente gravemente contra a integridade física ou a saúde mental ou física das persoas".

Non sería, como dis o autor reseñado, unha tarefa fácil. A vía que sinala é que: "O Estatuto da Corte Penal Internacional contempla a posibilidade de que o fiscal poida iniciar unha investigación de oficio sobre certos feitos que poderían ser competencia da Corte, recollendo información dos organismos das Nacións Unidas, das organizacións intergubernamentais (UE) e de todo tipo de organizacións e persoas. Con toda esta información, unha vez depurada e analizada, pode solicitar autorización para levar a cabo a investigación. ”Unha investigación que tería que ser autorizada polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Creo que é unha vía que hai que esixir. A xente morre porque as vacinas non se poden producir libremente, en maior cantidade e a prezos máis baixos. Esta situación xera grandes beneficios para certas empresas. Empresas detrás das cales hai persoas beneficiarias e responsábeis.

En román paladino: hai persoas que está a matar a outras a cambio de diñeiro.

Por suposto, tamén creo que non é a única medida a tomar. Por exemplo, hai esta Iniciativa Cidadá Europea  (oficial) que animo a asinar: (2)

Enlaces relacionados: 


1) Especular con la vacuna: un crimen contra la humanidad: 
https://ctxt.es/es/20210201/Firmas/34860/?fbclid=IwAR0itix01ppxhjSjXZMsK2MtVwHxeijcMx__EkrlaCREEo7OvTo8XxfBPxk#.YBiOD2hBej4.facebook

2) Asinar inciativa: 
https://eci.ec.europa.eu/015/public/#/screen/home/allcountries

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...