mércores, 3 de febreiro de 2021

Colectores bonitos, colectores feos. A banalización como forma de evitar o debate.



Todos coñecemos aquel dito do elefante na cristalería.

Pero tamén podemos falar do elefante agrandado na cristalería. Un elefante pequeniño, digamos que banal, sen importancia (ou incluso en ocasións inexistente) pero que a imaxinación do noso interlocutor (ou mesmo a nosa) representa en tamaño real, capaz de agochar detrás del os materiais expostos na cristalería, coas súas formas e cores diversas e interesantes. Preténdese agochar o debate de fondo con falsos debates, ou cando menos, debates de menor importancia.

É o caso deste elefante engrandecido (ou imaxinario) que pregunta na Coruñaos colectores son feos ou bonitos?” Un debate mínimo que, como nos explica a portavoz da Maré Atlántica María García, agocha o debate maior, o verdadeiro “o elefante a invisibilizar na cristalería do tratamento dos residuos”: Neste caso: “Que tipos de colectores e sistemas de recollida favorecen ou prexudican a reciclaxe?” ou “sería desexable na Coruña eliminar os colectores da rúa...” ou “é posíbel facelo?”

E si. É posíbel que, respondendo a estas preguntas, nos acaben saíndo uns colectores tirando a feos.

Enlaces: Contedores bonitos, contedores feos. E a reciclaxe? - Praza Pública


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...