Temos a vacina. Xa estamos no camiño certo. Ou non?
- Rumores, achádegos, mentiras, desmentidos, desconfianzas.
Estas vacinas custáronnos cartos a todos nós. Primeiro en investigación básica, antes xa de aparecer a pandemia (como a do ARN mensaxeiro) que foi utilizada despois para as vacinas concretas. Segundo en subvencións ás empresas que agora teñen as patentes e en reforzo dos organismos verificadores para realizar o máis rápido posíbel todos os trámites administrativos e de comprobación sanitaria.
Suponse que é que unha vez temos as vacinas, repartímolas segundo criterios sanitarios e xa está.
Pois non. E non se trata unicamente de liberalización ou non liberalización das patentes.
Aos propietarios das vacinas só lles importa o beneficio económico. O máximo beneficio posíbel e, en tal caso, o dos seus accionistas E para iso calquera cousa vale. Dobres ventas. Fabricacións clandestinas. Creación de escaseces artificiais. Calquera cousa
- Rumores, achádegos, mentiras, desmentidos, desconfianzas.
Como vulgares chourizos.
Artigo comentado: Descobren en Italia vacinas de Astra Zéneca
Ningún comentario:
Publicar un comentario