venres, 4 de xuño de 2021

Análise rápida das novas tarifas da luz:

 

Ler en es                                           Ler en pt.gal

A decisión do goberno de cambiar as tarifas eléctricas, estabelecendo tres horarios diferentes, causou bastante balbordo. Neste momento non teño un posicionamento claro. E para intentar esclarecerme procurei estas páxinas:

Por unha banda, as que explican a posición do goberno: nunha ligazón directa á súa páxina (1) e nesta entrevista con Manuel García Hernández, director xeral de Política Enerxética (2).

Por outra banda, fico coa páxina de Facua (3) e este artigo de LaMarea (4).

1) Posicionamento do goberno: xa está explícito no título (1): "A nova factura eléctrica ... estimulará o aforro enerxético, a eficiencia, o autoconsumo e a implantación do vehículo eléctrico. O director xeral reforza (2) tamén o aumento da porcentaxe de electricidade sobre da enerxía total, actualmente nun escaso 24%, mencionando as bombas de calor.

E lendo a letra pequena destaco estas dúas afirmacións:

- a) reducir a necesidade de realizar novos investimentos nas redes de transporte e distribución, (xa que estarán menos saturadas ao se prever un aumento do consumo nas horas do val e, polo tanto, unha diminución nas horas punta). Ben, é unha razón consistente.

- b) Que a factura ten un compoñente variable (consumo) maior que o fixo (enerxía). Ben, isto favorecería ao consumidor e á claridade da factura, pagamos polo que consumimos, favorecendo o aforro e, indirectamente, o autoconsumo, o que é interesante para a transición enerxética. Tamén parece consistente e un bo obxectivo.

Manuel García Hernández critica que se descontextualicen algunhas cousas (comenta con retranca o caso de pasar o ferro) e esclarece que o cambio de tarifas non será a única medida, mencionando outras (como o límite aos "beneficios que caen do ceo") En relación á enerxía hidráulica e nuclear.) Ben, ten sentido.

2) Oposición ás medidas: centran a súa oposición no feito de que as novas tarifas causan trastornos ou, directamente, que é imposible adaptarse aos horarios como pretende a normativa, coa conseguinte culpabilización dos que non poden. Pensando en frío, teñen razón.

Mais Facua tamén di dúas cousas que considero importantes: “FACUA lembra que o documento asinado en decembro de 2019 polo PSOE e Unidas Podemos polo que reflectían os seus compromisos de goberno cos cidadáns, reflectía que as tarifas eléctricas terían un prezo menor para os primeiros quilovatios-horas (kWh) de enerxía consumida. Non entanto, en vez de estabelecer a discriminación prometida con base no consumo, o Goberno decidiu definir unha discriminación horaria que vai causar danos significativos a unha elevada porcentaxe de familias”.

E tamén menciona que "unha alta porcentaxe de familias non teñen casas con alta eficiencia enerxética, equipos que poidan ser programados para o horario en que se queren activar, ou máquinas que lles permitan acumular enerxía pola mañá para utilizar durante o día" "Polo tanto, os consumidores con menor poder adquisitivo serán os máis afectados pola mudanza de tarifa", conclúen. E hai un problema para aqueles consumidores que, debido ao seu horario de traballo, non poden adaptarse para aproveitar os horarios tarifarios (os tele-traballadores son un exemplo claro).

Diante do exposto, coido que a intención do goberno non é ruín. É unha reforma necesaria (non a única nin a máis importante, mais necesaria) se queremos avanzar cara a un aumento das enerxías renovables, que son máis difíciles de xestionar nas horas punta, e un aumento da electricidade sobre a enerxía total (en detrimento especialmente da fósil) e, en particular, dos coches eléctricos (e as bombas e a calor, parece) pero cometeron erros moi graves. As críticas son acertadas.

En conclusión:

- Entendo que a medida debería ter sido aplicada despois dunha información e dun debate social que foi case inexistente.

- E, dende o logo, coido que os erros que apunta Facua son certos: penso que esta medida debería ter sido precedida, ou polo menos acompañada, por un lado, dunha discriminación por tramos de consumo e, por outro, por programas de apoio á eficiencia enerxética xa previstos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (illamento de vivendas, mellores electrodomésticos, medidas de autoconsumo, etc.)

En canto a acabar coas portas xiratorias e nacionalizar un sector clave para o benestar cidadán, está claro, evidentemente. Tamén hai que ir a por iso.

(Em calquera caso, para saber e mais cualificado, recomendo esta entrevista (5))


1) Páxina oficial do goberno:

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/transicion-ecologica/Paginas/2021/050521-factura_electrica.aspx

2) Entrevista a Manuel García Hernández

https://www.eldiario.es/economia/transicion-ecologica-defiende-nueva-factura-electrica-no-falta-ponerse-despertador-planchar_1_7990754.html

3) Opinión de Facua:

https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=16830

4) Opinión de La Marea:

https://www.lamarea.com/2021/06/01/punta-llano-y-valle-o-como-seguir-haciendo-malabares-para-pagar-la-factura-luz/

5) Entrevista a Jorge Fabra:

https://www.eldiario.es/economia/jorge-fabra-economista-faltan-beneficios-caidos-cielo-quitar-precio-energia-electrica_128_7997595.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...