seguir leyendo en es seguir lendo en pt-gal
Imbatible: Non hai dúbida de que o vídeo sobre a carne do Ministro Garzón, é imbatíbel. Apenas 90 euros e uns resultados impresionantes. (Explícannolo aquí )
Aquí, por certo, pódese ver o vídeo (2)
Un vídeo polémico, o que forma parte do seu éxito. Crear polémica era xusto o que pretendía. Pero esa polémica quedouse, ou se intentou que quedase, nuns ataques cheos de tópicos e descualificacións tanto pola dereita sempre disposta a atacar ao goberno, aínda que non tivesen motivos, e neste caso si os tiñan, defender aos seus, ao modelo máis industrial da gandaría, especialmente a máis rendíbel, as macro-granxas, como polo socio de goberno, o PSOE, entendo que para diferenciarse e, tamén, porque no fondo defenden os mesmos sectores gandeiros.
Pero se o intento de evitar a polémica da dereita e o PSOE non me estraña, que a reacción dos sindicatos agrarios galegos fose a mesma si o fai. Reaccionaron coma se a campaña fose unha agresión directa, sen ningunha matización: (3)
Sen embargo unha análise do vídeo é, no conxunto, acertado e necesario, aínda que obviamente a súa corta duración lle deixase matizacións por facer: (4)
Pola miña parte creo que hai dous temas recorrentes no vídeo. Por unha banda a necesidade de reducir o consumo de carne por motivos de saúde (evidencia científica) e de medo-ambiente (evidencia científica) e a de consumir carne procedente de gandaría máis respectuosa (máis extensiva) contra a menos respectuosa (máis industrial). Outra evidencia científica. Un exemplo claro témolo nesta reportaxe: (5)
Creo, en definitiva, que os sindicatos agrarios galegos perderon unha boa oportunidade para entrar na polémica e iniciar un debate en serio sobre os medios de produción gandeiros, desmarcándose da gandeiría máis industrial, como as macro-granxas, defendendo a soberanía alimentaria (menos contaminante ao eliminar practicamente o transporte) e mesmo as políticas institucionais de defensa da agricultura que, realmente, defenden outras cousas. Falo, por exemplo da PAC e das súas grandes limitacións, como valoran, precisamente, os sindicatos galegos (6) e como podemos ver nesta análise dunha eurodiputada do mesmo grupo que o ministro (7)
E finamente quero pór un exemplo dunha resposta que me parece máis correcta (falo do tipo de reacción non do contido estrito). Neste artigo a COAG di: “Tamén temos claro que se, como resultado de toda esta polémica, a cidadanía comeza a preocuparse por como se producen os alimentos que se consumen, teremos gañado moito” Pois iso. Creo que cumpría aproveitar o vídeo para entrar na polémica e non limitarse a oporse. Creo que os nosos sindicatos tiñan (teñen) moito máis que ganar.(8)
Enlaces:
1)https://www.publico.es/politica/guerra-chuleton-polemico-video-carne-garzon-costo-90-euros.html
2) https://mobile.twitter.com/agarzon/status/1412715352325246990
4) https://www.climatica.lamarea.com/politica-ciencia-carne-garzon/
5)https://www.eldiario.es/internacional/dame-fuego-ver-carne-destruccion-amazonia_130_7257949.html
7)https://www.eldiario.es/euroblog/nueva-pac-chicha-limona_132_8121476.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario