venres, 9 de xullo de 2021

Concellos, interinos e descentralización

  seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

Dice a nova: o concello pecha un acordo histórico cos sindicatos para rematar coa temporalidade dos interinos.(1) 

O problema dos interinos é importante. E non só dos interinos, hai outras temporalidades. E hai "indefinidos". E hai oposicións que non se convocan. Situacións inxustas con moitas aristas.

Mais coido que hai algunhas claves que explican unha parte, polo menos da súa existencia, cando menos na administración local. Na nova que reproduzo en  (1), aparece mencionada neste parágrafo: “A pesar do acordo alcanzado cos representantes dos traballadores, Iceta non conseguiu chegar a un acordo na Conferencia Sectorial de Administración Pública coas comunidades autónomas, onde as autonomías gobernadas polo PP ou os partidos nacionalistas opuxéronse á proposta de Función Pública, alegando que era preciso eliminar ou redefinir as taxas de reposición, o límite que ten unha Administración pública para renovar o número de empregados públicos, entre outros puntos de confrontación "

Cóntase coma se fose unha escusa (e seguramente éo, cando menos no caso do PP). Mais as taxas de reposición non son unha nimiedade. Xunto as leis de estabilidade orzamentaria (as leis Montoro) e as "leis de servizos esenciais" son a gran espada que pende sobre os gobernos locais que queren facer algo.

Tamén é certo que hai quen si as menciona, e ben, por exemplo: "Desde a CIG piden a "eliminación da taxa de reposición con carácter indefinido (2) 

Lonxe quedan xa os tempos dese "gran reformador democrático, case revolucionario desde a perspectiva actual" (modo retranca) Manuel Fraga Iribarne, coa súa Administración única, na parte referida á administración local. Lembremos: anos 90. Manuel Fraga exige a administração única para Galicia, Catalunya e o País Vasco Manuel Fraga exige la administración única para Galicia, Cataluña y el País Vasco | España | EL PAÍS (elpais.com) onde dicía: (3)

"O proceso de racionalización tamén debe abrir un proceso de transferencia para a administración local, de competencias autónomicas, cando a súa prestación por parte por esas entidades locais dean paso a un servizo público máis eficaz debido á súa proximidade co cidadán".

As leis austericidas aínda vixentes mencionei antes foron no camiño contrario. Coa lexislación austericida os concellos viron gravemente reducida a sua autonomía.

E sen embargo, o cambio do xa claramente caduco modelo neoliberal vai necesitar unha administración local con capacidade de acción. Para iso temos que reverter esas leis e dotar de forza aos concellos para que poidan re-municipalizar servizos e mesmo crear outros novos.

Vémolo por exemplo nesta ligazón falando de auga, a xestión de residuos e a produción de electricidade. (4)  

E como contra-exemplo temos isto outro, a denuncia en Nós-diario da perda de poboación provocada polos parques eólicos. Dous modelos enerxéticos opostos : (5)  

1.-https://www.eldiario.es/economia/gobierno-cierra-acuerdo-historico-sindicatos-acabar-temporalidad-interinos_1_8104937.html

2.-https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/criticas-ao-acordo-estabilizacion-da-funcion-publica-asinado-madrid/20210706195739124943.html

3.-Manuel Fraga exige la administración única para Galicia, Cataluña y el País Vasco | España | EL PAÍS (elpais.com) 

4.-https://www.publico.es/sociedad/empresas-municipales-agua-abren-via-local-soberanias-energeticas.html.

5.-https://www.nosdiario.gal/articulo/social/eolicos-favorecen-despoboamento-rural/20210702172112124711.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...