venres, 9 de xullo de 2021

Estamos ganando nós o relato (2021-07-05)

  seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

1) Rematara de escribir este comentario horas antes do asasinato de Samuel. Sigo pensando que o meu “relato” describe a realidade, polo que o vou publicar igual. Porque, a pesar de todo o que nos doan feitos, demasiados, que seguen a pasar, as cousas cambian. A extrema dereita estanos pelexando o “relato” porque, en perspectiva histórica, estámolo gañando.

Ás veces parece que o mundo non avanza nada, e tampouco é certo. Certamente debería ir máis rápido e aínda hai moitas e moi importantes que non mudam ren, mais os que xa temos algúns anos, vémolas cambiadas. É algo que temos que saber. Vexamos:

1) As vodas relixiosas, as da igrexa católica neste reino tan católico, van de capa caída: “En 2000, o 75,6% das unións celebradas en España eran católicas. Oito anos despois esa porcentaxe xa baixara ao 45,5%. A mediados da última década caeu ata o 31,7% e en 2019 apenas superou o 20%. Un proceso moi rápido.” En termos históricos unha revolución  (1)

2) O racismo segue existindo. Mais lembremos a forza dese relato no século XX onde a euxenesia chegou a ser considerada una rama lexítima da ciencia. Seguen, é certo, os casos de EUA ou o máis sangrante de Israel, e non son os únicos. Pero hoxe, por exemplo, os indíxenas canadianos (e non só os indíxenas) están a queimar igrexas e chimpando estatuas das raíñas (Isabel II é aínda a súa raíña, lembrémolo). Teñen moi boas razóns, dada a confirmación dos infanticidios “descubertos” agora irrefutabelmente. Mais son infanticidios cometidos aínda no século pasado e que nunca poderían ter sucedido sen unha ampla complicidade cidadá. Hoxe a complicidade parece que a teñen as queimas e as “vandalidacións” das estatuas. Un caso semellante aconteceu tampouco hai tanto en Australia coa escandalosa “educación forzosa” dos mestizos, tamén hai menos de un século  (2).

3) LGTBI-Trans Un dato, impresionante en perspectiva histórica, sobre a derrota progresiva do relato das Sagradas identidades do masculino e o feminino (as famosas peras e mazás). Aínda está comenzando, mais coido que vai seguir, malia os machotes (de ambos sexos) que pensen que é a fin mundo: “Menos mozos se identifican coa heterosexualidade: segundo o último CIS, o 82,7% das persoas entre 18 e 24 anos defínense deste xeito; en 2016 superaba o 90%”(3)

E o mesmo, mais comezando máis tarde acontece co colectivo Trans: El Diario cóntanolo nestas “cinco vidas que serían (que para outros van ser) distintas”(4)

4) Boy Scouts: O mundo dos relatos de hai unhas poucas décadas estaba dividido entre bos, moi bos, e ruíns, moi ruíns (como o de agora, pero creo que máis). Entre os moi bos (sen discusión) estaban os boy scouts. En fin: “Os 'boy scouts' estadounidenses chegaron a un acordo cos grupos que representan a decenas de miles de homes que acusan á organización de abusos sexuais.(5)

5) Endometriose As enfermidades típicas da muller considerounas a ciencia oficial, como exemplifica Freud, do único xeito que un “científico” que non as sofre, coma el, sabía que deberían ser tratadas. Basicamente, “cousas de histéricas”. O relato da inferioridade en todas as facetas das mulleres convertía en niñarías (para os homes) os seus problemas, especialmente cando eran “dores naturais”. E aínda que pareza mentira aquí si que queda moito, moitisimo, que andar. A violencia obstétrica, a valoración do parto ou a endometriose, por exemplo: “Este xoves QuerENDO iniciou unha campaña en redes sociais que baixou o título "A outra cara da Endometriose?" busca dar a coñecer as vivencias das mulleres afectadas por medio de testemuños expresados por homes. A campaña busca poñer o foco e denunciar o nesgo de xénero que presenta a medicina, na que as doenzas que só afectan ao sexo feminino son invisibilizadas ou relegadas... (6)

Ás 20 horas concentración, tamén en Betanzos. Porque os relatos que tanto custaron construír hai que defendelos contra os que queren voltar aos do pasado.

1.-https://www.eldiario.es/sociedad/bodas-religiosas-pasan-decadas-rozar-76-total-apenas-10_1_8084703.html

2.-https://www.lasexta.com/noticias/internacional/continua-ola-quema-iglesias-canada-hallazgo-miles-cadaveres-ninos-indigenas-internados-catolicos_2021070160ddd9def025960001230d9a.html

3.- https://www.eldiario.es/sociedad/vez-heterosexuales_1_8099782.html

4.-https://elpais.com/sociedad/2021-06-29/cinco-vidas-que-serian-distintas-con-la-ley-trans-me-diagnosticaron-disforia-de-genero-como-si-estuviera-enfermo.html

5.-https://www.eldiario.es/internacional/boy-scouts-llegan-acuerdo-850-millones-dolares-victimas-abusos-sexuales_1_8097713.html

6.-https://praza.gal/acontece/unha-campana-das-mulleres-con-endometriose-denuncia-o-nesgo-de-xenero-na-medicina-a-traves-da-doenza-que-sofren-60-mil-galegas



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...