domingo, 6 de febreiro de 2022

Xogamos moito coas trolas.

 

  leer en es                                     ler en pt-gal


A Realidade ten a teimosa característica de ser CERTA. E a TROLA NON. A trola (A MENTIRA, A MEDIA VERDADE) quere precisamente suplantar a realidade para mudala ou impedila de mudar. Sempre existiu e sempre foi utilizada polo poder (meigas, ciganos, xudeus, mouros, herexes...), mais hoxe adquire novas características derivadas da posibilidade de empregar as novas tecnoloxías na súa propagación planificada. Como aconteceu claramente no caso das “macro-granxas" de Garzón).

Neste caso partimos da constatación de que na gandeiría actual está a triunfar a concepción neoliberal (as macro-granxas). A calidade da carne, o benestar animal, o respecto ao medio ambiente, a contaminación das augas, o despoboamento rural, o exceso de nitratos... non lles importan, son problemas da "sociedade" ou do "goberno" ou de "todos" ou, mellor, chamémoslles. "externalizacións" que parece máis neutral. A consecuencia son custos baixos, prezos baixos e moitos beneficios. E de paso, con prezos baixos expúlsase a competencia da gandeiría responsable, aquela que non “externaliza”.

Os feitos

Alberto Garzón concedeu unha entrevista ao xornal británico The Guardian, publicada o pasado 26 de decembro. Aquí se pode ver a parte polémica da entrevista. O 3 de xaneiro comeza a farsa (“España exporta carne de mala calidade de animais maltratados”). O truco, por suposto, é quitar as "macro-granxas" para que os que aqueles que producen carne de mala calidade sexan "os gandeiros".

Coincidencias.

A trola permite enmascarar cousas como:

-En Castela-León comezan os xuízos que deixan en mal lugar ao candidato do PP.

-Europa vai declarar a enerxía nuclear e o gas natural como ecolóxicos.

- Os datos de emprego de decembro, que indicaban que 2021 remataba como o ano con maior recorte de desemprego da historia.

-A UCO concluíu que o ex-ministro do PP Eduardo Zaplana lavou máis de 16 millóns de euros

Sobre estes dous últimos recoméndovos este artigo, onde ademais se nos explica a metodoloxía (e fálase doutra trola de éxito do mesmo día, a do incremento do patrimonio de Irene Montero)

Metodoloxía.

Do artigo anterior extraio algúns parágrafos (en castelán. Cursivas miñas)

PSOE

O máis estraño (ou non) é que ministros e presidentes autonómicos socialistas atacaron ao ministro Alberto Garzón por criticar este modelo, cando os seus gobernos elaboran unha normativa que as limitan.

Parece que cada vez que se tocan os intereses do lobby da industria cárnica, como cando se tocan os do sector eléctrico, o PSOE dubida e comeza a andar co pé errado.

Mesmo Sánchez, presidente do goberno do que é ministro Garzón, "lamenta a 'polémica' polas declaracións de Garzón e defende que España exporte carne de 'calidade extraordinaria', entrando ao cen por cento na campaña de linchamento.

Mais esta posición do PSOE a favor dun lobby tamén non é tan estraña . Aliás, lembremos as Portas Xiratorias, que as Renovables están deseñadas desde a óptica dos mega-parques (que precisan de grandes investidores) ou o Favoritismo ás grandes construtoras.

Sindicatos Agrários

E que pensan os gandeiros, ou os seus representantes, os sindicatos:

En primeiro lugar, comprobar a valente e correcta postura adoptada polo Sindicato Labrego Galego. "As macro-granxas son absolutamente incompatibles cun medio rural vivo" e que "abondarían 23 macro-granxas como a que se pretende construír en Noviercas (Soria), con máis de 23.000 vacas, "para destruír as 29.282 granxas de bovino que traballan actualmente no noso país"

Tamén sinalar que boto en falta a posición do outro Sindicato Galego favorábel (así me parece) á gandeiría responsable , Fruga. A data de hoxe 11-01-2020 non encontrei nada en Facebook nin na súa web. As macro-granxas non van con eles?

En canto ao outro sindicato (Unións Agrarias-UUAA, incluída en Unión de Pequeños Productores-UPA) maniféstase descaradamente a favor do embuste e, polo tanto, das macro-granxas. Iso a pesar de a UPA se terse manifestado en 23/04/2021 como "esperanzada" coas intencións do Goberno de prohibir as macro-granxas de carne de bovina.

O certo é que na hora da verdade, este sindicato está defendendo os intereses das macro-granxas fronte, polo tanto, á gandeiría extensiva. Neste caso, o 4 de xaneiro, no día seguinte ao lanzamento da farsa, pediu a dimisión de Garzón (botando "zurro" no debate ao argumentar a favor dunha gandeiria extensiva, coma se esta fose a atacada polo ministro). Esta entrada mantense na súa web ata hoxe (11-01-2022)

Igual que se mantén o seu artigo (07-08-2021) da campaña anterior contra o ministro (tamén como resultado doutra deturpación das palabras de Garzón para transformalas nunha trola).

 https://www.eldiario.es/tecnologia/verificadores-mundo-acusan-youtube-tolerar-bulos-negacionistas_1_8648032.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...