venres, 10 de decembro de 2021

Mercado-Estado-Ben Común e Infojobs.

 

    Leer en es                                 Ler en gal.pt

"Yolanda, si quieres hacer un InfoJobs, nosotros sabemos cómo y el nuestro funciona. ¿Hablamos?"

Pois si, este twitt de Infojobs está a dar que falar.

Para quen non o saiba, Infojobs é un portal privado de busca de emprego. Que tamén ten o seu aquel, que para buscar traballo haxa que pagar (a opción premium ou, senón, sufrir a publicidade, ceder datos propios...). É propiedade do Grupo Adevinta1 a través da súa filial en España, Anuntis-Segundamano, que tamén posúe outros sitios de anuncios clasificados como Fotocasa, habitaclia, coches.net, motos.net e Milanuncios...

Non lles vai mal, como nos contan eles mesmos, especialmente grazas ás canles premium e á publicidade: “Adevinta Spain factura 47 millóns de euros no terceiro trimestre do ano e mellora os resultados de antes da pandemia” dinos na súa páxina2

Pero entendo que non é de negocios do que quere falar infojobs con Yolanda (léase co Estado). Ou si, porque a pregunta é precisamente ¿Que vai pintar unha canle privada de busca de emprego cando exista unha pública?

Ou doutro xeito: Que pasou coas enciclopedias privadas cando apareceu a wikipedia-galipedia? Neste caso había dúas formas de xestionar o coñecemento (que, lembremos, é un Ben Común), unha privada a través do mercado (léase Enciclopedia Británica, Larousse, etc.) e outra vía xestión dese ben común directamente pola sociedade organizada. Gañou a máis eficiente, eficaz e efectiva.

Nestes tempos o mercado ten acaparado moito. Demais. Haille que devolver o protagonismo ás outras formas de xestión das necesidades humanas. Por que estes servizos teñen que ser feitos por empresas que fan negocio cando poden ser servizos prestados por organizacións do Ben Común directamente ou a través das administracións públicas?

Imaxinemos: Wikipedia xestionada como un Ben Común, Portal de Emprego xestionado polo Estado…. Buscadores, Redes Sociais, “Amazóns” (de base local, nacional, estatal, europea...) Spotifys... xestionados dende o público e non dende o negocio.

Unha boa iniciativa do goberno, aínda que, como todas as iniciativas importantes, vai custar esforzo e tempo levala a bon fin.

Porque estas iniciativas tampouco se fan da noite para a mañá.

 Resume: Sociedade Organizada ou Estado a favor do Común contra o Beneficio a toda costa. 

Noutras palabras, o Ben Común contra o Mercado.

Como os científicos surafricanos dos que falaba no post anterior.3

Como as Empresas de Enerxía Municipais que espero comentar no próximo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por que me estou a passar a Mastodon.gal (Fediverso) abandonando Facebook, Twitter, Instagran e Youtube?

  Os que imos maiores ainda lembramos a enciclopédia Encarta, falecida definitivamente em 2009. (Ver na wikipedia em galego https://gl.wiki...