Vou facer publicidade dun libro que considero moi recomendábel: “Socialismo en Europa 2020, unha ambiciosa proposta socialista, feminista e ecolóxica” de Xabier Pérez Dávila, economista e ensinante Un libro, como di o autor, pensado “para eliminar a explotación, a precariedade e a desigualdade. Para garantir a igualdade económica das mulleres. Para facer menos difícil a transición a unha economía compatíbel cun planeta finito”.
A obra distribúese nos seguintes apartados:
1. Os síntomas.
2. Dous diagnósticos.
3. Dúas terapias.
4. As experiencias reais de socialismo.
5. Socialismo para Europa no século XXI.
Unha obra que é unha base para coñecer a actual situación da loita polo socialismo en Galiza e en Europa. E que quedará como unha obra de consulta necesaria para todos os interesados nun cambio real do actual sistema neo-liberal.
Enlace:
Ebook SOCIALISMO EN EUROPA 2020 EBOOK de XABIER PEREZ DAVILA | Casa del Libro
Ningún comentario:
Publicar un comentario