En relación ás patentes, lin este artigo de Vicenç Navarro, que resumo no que, penso, importa:
1) Vicenç Navarro analiza as propostas de Dean Baker, director do coñecido Center for Economic and Policy Research de Washington D.C, en relación á produción de vacinas contra o Covid-19 para solucionar a súa gran escaseza.
Dean Baker asume que o financiamento dunha gran parte do proceso de produción da vacina COVID-19 foi público, citando a Pfizer, MERX Moderna ou Astra Zeneca e propón que este financiamento público se estenda para cubrir todo o custo de produción, tornándose o produto final da vacina anti-COVID nun produto público sen patentes. Por tanto, tanto a súa fórmula como o seu coñecemento de produción serán públicos.
Desta forma eliminaríanse as enormes cantidades que as empresas gastan en distintas dimensións das súas actividades, que van desde o marketing ata a xeración de enormes lucros con pagos a accionistas e empresarios séniores de tales corporacións. Por exemplo, menciona que a Pfeifer gastou case o dobre en marketing e promoción de vendas en 2019 que en investigación e desenvolvemento dos seus produtos.
Desta forma, ao ser un coñecemento público, aceleraría o coñecemento científico por medio do intercambio de información esencial, hoxe mantidas en segredo para garantir o seu control no mercado. Tal ocultación entra en conflito co emprendemento científico, que non é nin máis nin menos que compartir e debater o seu desenvolvemento.
2) Este artigo faime reflexionar sobre unha característica que normalmente asóciase co capitalismo: a súa maior eficacia económica. A verdade é que as patentes desmenten esta suposta eficacia. En concreto:
- A produción e distribución de vacinas sen patentes sería máis rápida e eficaz, con todas as vantaxes para controlar as doenzas e evitar mortes. (Relacionado)
- A desaparición das patentes aumentaría o progreso científico, a medida que o coñecemento se tornase público, ao contrario do que normalmente se defende: que favorecen o investimento privado e, polo tanto, o mencionado progreso científico. A realidade é que o financiamento foi en gran parte público e apoiado por décadas de investigación pública (o coñecemento sobre o ARN mensaxeiro non saíu da nada). A remuneración das patentes, como todos os dereitos de autor, debe ser xusta e non significar patente de corso. (Relacionado)
- Realmente o que está a suceder é unha transferencia de diñeiro público (financiamento da investigación) a empresas privadas (a coñecida colaboración público-privada dos neoliberais). A unhas empresas "socias" que realmente só buscan o lucro privado, gastando máis en marketing e promoción de vendas que en investigación. (Relacionado)
Ningún comentario:
Publicar un comentario