seguir lendo en pt-gal seguir leyendo en es
Continúo co tema das eléctricas. Nun artigo anterior (1) escribín desde a perspectiva do "tarifazo do 1 de xuño", as novas tarifas por tramos (ao que me remito).
Niste pretendo facer unha primeira aproximación ás Rede de transporte da enerxía eléctrica.
En primeiro lugar, lémbrese que a Rede de transporte está composta por Alta, Media e Baixa tensión. No seu transporte hai perdas, que se calculan (economicamente) nun 15% como explica este blogue. (2)
A necesaria transición enerxética, co aumento na oferta e demanda de electricidade renovable para suplir á enerxía fósil, deberá aumentar a capacidade de transporte desta Rede.
Eduardo Bayona neste artigo en publico.es (3) ofrécenos un primeiro dato, que o "crecemento real nos próximos cinco anos na capacidade do sistema de distribución atribuído ás tecnoloxías verdes é de 48.663 megavatios, que encarecerá en case 6.500 millóns de euros á factura de enerxía que as familias e as empresa terán que asumir”. Non é unha contía pequena.
Mais tamén a sorpresa é que, como di o mesmo autor neste outro artigo (4), cruzando os datos do balance de pedidos de conexión á Red Eléctrica Española (potencia en servizo, autorizada e proxectos en tramitación), e o Informe sobre a proposta de planeamento da rede de transmisión de enerxía eléctrica para o período 2021-2026 elaborada pola CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia) (5) "..."dous terzos da enerxía proxectada para a xeración solar e eólica crecen de espazo para o transporte pola rede de alta tensión das áreas desde as áreas de xeración ás áreas de consumo”.
En concreto:
- Crecemento real nos próximos cinco anos 48.663 megavatios.
- Enerxía eólica e solar que xa posúen todas as licenzas de 65.985 megavatios
- Enerxía eólica e solar que están en trámite 73.844 megavatios
Un segundo dato é, polo tanto, verificar a inmensa especulación que existe no boom actual das enerxías renovables, especialmente a eólica.
Un terceiro dato é que hai dúas formas de ollar para a transición enerxética. Como explica Sara Pizzinato, consultora especializada en enerxías renovables, citada no artigo (4), “o desenvolvemento das renovables está ser concibido a partir de grandes parques que necesitan de Rede de alta tensión, mais tal vez o que é preciso facer é promover pequenas instalacións e a produción comunitaria, que permite o mellor aproveitamento da Rede de baixa e media tensión", referindo aínda que "Pode que os custos dun sistema de grandes parques e alta tensión no sexan aceptables e, se foren excesivos, poden tornarse noutro freo para a transición enerxética."
Colocándonos na confrontación estratéxica entre as tres posibles solucións á crise actual (a Reafirmación neoliberal, a Reseat do capitalismo ou a Postcapitalista) descubrimos que en Europa a Primeira semella descartada neste momento, restando a Segunda, a de "mudar algo para que nada cambie", ou sexa, construír grandes centrais renovables para continuar a manter o control e o negocio dos grandes oligopolios e Terceira, que debe apostar pola mudanza do que for necesario na produción e o sistema de consumo da enerxía (Relacionado, ver o meu comentario no caso do coche eléctrico e as materias primas -que tamén teremos que levar en conta no caso das enerxías renovables- no punto 3 nesta entrada de facebook (6-a e 6-b))
Algún dato máis sobre a terceira proposta. Hai algúns días houbo unha gran manifestación co lema "Eólicas, así non" (7). Lembremos o punto 5 do manifesto lido nesta marcha (8)
"Fomento do aforro, a eficiencia e a autosuficiencia e soberanía enerxética, o fomento do autoconsumo, a produción á pequena escala e a xestión pública galega. A transición enerxética debe partir dun plan orientado á redución das necesidades da sociedade e medidas de xestión da demanda. Fronte á produción ilimitada, os recursos enerxéticos de Galiza deben basearse en criterios de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética. Cómpre apostar por proxectos de produción e autoconsumo a pequena escala, reducindo distancias entre xeración e consumo, evitando o transporte innecesario da enerxía coas perdas que este ocasiona".
Para rematar dúas notas:
1) Lembrar a clave á que me referín nesta entrada do blog "Aviso aos navegantes. Ven unha nova vaga de privatizacións”(9) sobre a xestión dos fondos europeos de reconstrución. Uns fondos que se encadran (como indica Antón Sánchez neste artigo (10)) na liña da "consagración da colaboración público-privada, priorización de grandes proxectos que unicamente están ao alcance das grandes corporacións, e redución, para elas e só para elas, dos prazos e requisitos dos trámites ambientais e administrativo".
2) Temos que construír a Alternativa Postcapitalista (ou como lle quixermos chamar). Vou anotar a idea (obviamente non é a única) recollida neste informe, que parte da xestión máis próxima ao cidadán que defende a xeración de enerxía a partir da base das empresas municipais de auga e/ou residuos(11).
O que, avanzando noutra problemática, lévanos a mencionar a perda de competencias e de autonomía municipais existente desde a etapa austericida da cal aínda non saímos, situación que debe ser mudada con urxencia para que a administración local (esta, a dos concellos e as deputacións, ou outra máis racional de parroquias, concellos e áreas metropolitanas) recupere a súa plena capacidade de actuación (a modo de recordatorio, lembremos o problema da auga en Compostela (12), que agora (mais non antes) tería a oportunidade de tornarse municipal e que aparece como un "punto de partida" no plan encima mencionado.
Ligazóns:
(1) Artigo tarifas:
https://abieito-blog-pt-agal.blogspot.com/2021/06/a-nalise-rapida-das-novas-tarifas-da-luz.html
2) Perda de enerxía eléctrica no transporte:
https://blog.cnmc.es/2016/02/08/las-perdidas-en-el-sistema-electrico/
(3) Previsión da evoluçión do prezo da enerxía eléctrica na rede pública:
https://www.publico.es/economia/precio-luz-recibo-luz-subira-pese-avance-renovables-autoconsumo.html
(4) Artigo de Eduardo Bayona em Público.es
https://www.publico.es/economia/hincha-burbuja-renovables-tercios-potencia-proyectada-no-red.html
(5) Informe da Comisión Nacional do Mercado da Competencia.
https://www.cnmc.es/sites/default/files/3538650_1.pdf
(6-a) Facebook: “3)Asumindo que queiramos facer a transición enerxética, temos que ser conscientes de que imos ter grandes dificultades. E que (descontando os negacionistas) vanse enfrontar as dúas clásicas posturas, a que quere mudar algo para que nada cambie (o capitalismo neoliberal) e a que quererá mudar o que haxa que mudar (o resto). Neste caso representados por: substituír sen máis o coche de combustíbeis fósiles polo eléctrico, ou por mudar o que faga falla do sistema de transporte). O tema merecerá unha análise máis detida, mais neste artigo de Investigación y Ciencia (e no que menciona como lectura complementaria ao final) temos algunhas claves”.
https://www.facebook.com/bieito.penela/posts/3198459266961099
(6.b) Problema das matérias-primas do coche eléctrico:
(7) Manifestación "eólicos, así non":
(8) Manifesto (Verdegaia)
https://www.verdegaia.org/wp/manifestacion-5-de-xuno-eolica-asi-non/
(9) Blogue "Aviso aos navegantes":
https://abieito-blog-pt-agal.blogspot.com/2021/02/aviso-navegantes-vem-uma-nova-vaga-de.html
(10) Artigo Antón Sánchez em Praza.gal
https://praza.gal/opinion/os-fondos-europeos-de-reconstrucion
(11) Solución dos concelhos:
(12) Compostela Aberta e a auga
Ningún comentario:
Publicar un comentario